Novas sectoriais

A pasada semana, o 5 de maio, rematou finalmente a xuntanza compostelá dos integrantes da Sectorial TIC da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE), reunión da que falamos os días pasados dende Código Cero, salientando a importancia de acubillar dende a nosa terra o debate acerca do que será o futuro tecnolóxico-dixital das universidades estatais. Ou sexa, a importancia de ser Compostela a orixe destes roteiros TIC. Amais da xuntanza asemblearia da Sectorial, a USC tamén serviu de escenario a unhas xornadas sobre a seguridade dos datos no eido dos campus. Segundo lembra a Universidade de Santiago, este grupo específico de traballo da CRUE ten como cometido “o estudo das necesidades e aplicacións destas tecnoloxías na xestión, a docencia e a investigación, propoñendo actuacións e proxectos conxuntos”.

Fonte: codigocero.com

Evitar hospitalizacións innecesarias, probas diagnósticas inxustificadas, pacientes errantes e, mesmo, mortes cunha resposta de emerxencia máis rápida só é posible coas novas tecnoloxías: hospitais e residencias intelixentes que salvan vidas.

Fonte: larazon.es

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación (COIT) asegurou, con motivo da celebración do Congreso de Telecomunicacións e Sanidade, que os centros sociosanitarios 'intelixentes', dotados con sistemas integrais de telecomunicacións, salvan decenas de vidas cada ano.

Fonte: ecodiario.eleconomista.es

A Real Academia de Enxeñaría en Madrid acolleu a presentación do libro "Televisión Abierta. Situación actual y tendencias de futuro de la TDT". Un traballo encargado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación e coordinado por Eladio Gutiérrez que pon en valor este modelo de televisión en aberto.

Fonte: cineytele.com

A Universidade de Santiago está a ser esta semana o centro de coñecemento e debate das novas tecnoloxías no ámbito académico estatal. En termos máis concretos, acolle estes días a xuntanza asemblearia da Sectorial TIC da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE), amais dunhas xornadas sobre a seguridade da información nas universidades. A Sectorial TIC, un grupo específico de traballo da CRUE que ten como obxectivo o estudo das demandas e aplicacións das tecnoloxías nos campus (na xestión, na docencia e na investigación), adícase en Compostela a estudar os roteiros a seguir en materia de actuacións e proxectos compartidos.

Fonte: codigocero.com

Cando no ano 2010 o volcán islandés Eyjafjallajökull entrou en erupción, provocou un caos aéreo que afectou a máis de 100.000 vós e 1.200.000 pasaxeiros. Daquela, a ausencia en toda Europea dun vehículo non tripulado que puidese avaliar “in situ” os efectos da cinza nas aeronaves provocou importantes retrasos na apertura do espazo aéreo europeo. Un ano máis tarde, o accidente ocorrido na central nuclear de Fukushima en Xapón volveu poñer en evidencia a importancia de contar con vehículos non tripulados capaces de operar, neste caso, na zona afectada pola radiación, que finalmente puido ser sobrevoada por drones chegados de EEUU. Episodios coma estes poñen de manifesto o que o director do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial, INTA, Ignacio Azqueta, considera evidente “o dron é o futuro da aeronáutica”. Azqueta foi, xunto a reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato e os directores das escolas de enxeñaría de Telecomunicación, Íñigo Cuiñas; de Minas e Enerxía, Natalia Caparrini e de Aeronáutica de co Espazo, Arno Formella, o encargado de inaugurar o Atlantic Geospatial Day, no que ao longo de toda a xornada tomarán parte na Escola de Enxeñería de Telecomunicación representantes de empresas dos sector dos drones de Galicia ou que teñen algún tipo de vinculación coa zona.

Fonte: duvi.uvigo.es

O vindeiro 11 de maio terá lugar na Cidade da Cultura #SilverBullet17, o I Congreso de Xestión de Proxectos organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), concibido como un foro de debate dirixido a empresas e profesionais vinculados á xestión de proxectos TI, expertos, investigadores e docentes implicados na formación de futuros profesionais na área.

Fonte: amtega.xunta.gal

Un sistema de detección e láser contra a avespa velutina, un de alerta ao condutor, outro para contar persoas en manifestacións, un para traducir lingua de signos empregando recoñecemento de vídeo, unha aplicación que funciona como asistente nutricional ou un simple, pero moi útil, afinador automático de guitarras. A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación viviu este venres unha das xornadas máis importantes do curso coa celebración de LPRO Days, un día co que dar a coñecer os traballos feitos polo alumnado de último curso no marco da materia Laboratorio de proxectos. Con certos nervios pero moita profesionalidade, pasaron a mañá presentando a docentes, ao resto de compañeiras e compañeiros e aos representantes do sector empresarial que acoden á xornada (Imatia, R, Telefónica, Everis...) en que consisten os seus produtos, as súas principais utilidades e a innovación que supoñen con respecto ao que existe na actualidade no mercado.

Fonte: duvi.uvigo.es

Con altas doses de creatividade e con aspiracións de resultar premiados na III Competición de Robots, chegaron esta mañá á Escola de Enxeñería Industrial máis de 800 mozas e mozos, na súa maior parte procedentes de centros de ensino secundario e bacharelato das catro provincias galegas. Preto de 170 equipos divididos en dúas categorías, Wall-E, dirixida a estudantado de ensino secundario e bacharelato, e R2D2, orientada a titulacións superiores e a universitarios, tomaron o hall da escola para exhibir as súas creacións nos tapices de xogo. Durante toda a mañá a escola foi un ir e vir de grupos de rapazas e rapaces novos facendo os últimos axustes aos seus robots, que participaron en ambas as dúas categorías, cunhas creacións que amosan a creatividade e orixinalidade dun alumnado disposto a ser o mellor da competición.

Fonte: duvi.uvigo.es

No acto interviñeron Eugenio Fontán, Decano-Presidente do Colexio oficial de  Enxeñeiros de Telecomunicación, Eladio Gutiérrez, coordinador do libro e distintos autores que contribuíron á súa redacción.

Fonte: coit.es

Distribuir contido