Inscrición evento DMTSI 2021

"Intelixencia artificial ao servizo da lingua"

28 de maio de 2021 ás 11.00h

Enmarcada nos actos de conmemoración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, a xornada consistirá nun coloquio no que intervirán os máximos representantes de ambas entidades, Manuel González González, presidente de PuntoGal e Julio Sánchez Agrelo, presidente da AETG, moderados polo xornalista Manuel Blanco Casal.

Acto organizado pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) enmarcado no plan de accións de difusión de 2021, en virtude do convenio coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), para a posta en marcha de actividades para o fomento da Sociedade da Información durante o ano 2021.

      PROGRAMA

      10.50 h. Conexión telemática de asistentes.
      11.00 h. Presenta e modera: Manuel Blanco Casal, xornalista.
      11.05 h. Coloquio: "Intelixencia artificial ao servizo da lingua".
      Participan: Julio Sánchez Agrelo, presidente AETG/decano COETG e Manuel González González, presidente PuntoGal.
      12.00 h. Clausura.

    A conexión realizarase a través de Zoom. Previo ao inicio da xornada, remitirase enlace de conexión aos inscritos.
    É imprescindible inscrición a través do seguinte formulario: