Inscrición evento DMTSI 2022

Maiores e dixitalización

20 de maio de 2022 ás 11:30 h

    Enmarcada nos actos de conmemoración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, a xornada contará coa participación de representantes de PuntoGal e a Cruz Vermella Galicia, que nos achegarán a súa visión sobre a situación actual das persoas maiores ante a dixitalización e as tendencias futuras.
    Acto organizado pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) enmarcado no plan de accións de difusión de 2022, en virtude do convenio coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), para a posta en marcha de actividades para o fomento da Sociedade da Información durante o ano 2022.
      PROGRAMA

      11:30 h. Conexión telemática de asistentes.
      11:35 h. Presenta e modera: Manuel Blanco Casal, xornalista.
      11:40 h. Coloquio: "Maiores e dixitalización".
      Participan:
      • Julio Sánchez Agrelo, presidente AETG.
      • Edita de Lorenzo Rodríguez, secretaria PuntoGal.
      • Trini de Lorenzo Otero, responsable proxectos Unidade de Innovación Cruz Vermella Galicia.

      12:15 h. Quenda de preguntas.
      12:30 h. Clausura.
    A conexión realizarase a través de Zoom. Previo ao inicio da xornada, remitirase enlace de conexión aos inscritos.
    É imprescindible inscrición a través do seguinte formulario: