"Visita ao Centro de Supercomputación de Galicia"
3 de febreiro de 2023 ás 12:00h
- A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organiza unha visita ao Centro de Supercomputación de Galicia -CESGA-, na que faremos un percorrido polas instalacións e coñeceremos o seu funcionamento e proxectos da man do seu director, Lois Orosa.
É unha actividade exclusiva para colexiados/asociados que terá lugar o venres 3 de febreiro ás 12:00 horas.
Contamos contigo!
Por cuestións de aforo é preciso que confirmes a túa asistencia. Ampliado o prazo ata o día 31 de xaneiro ás 10h.
- É imprescindible inscrición a través do seguinte formulario: