Noticias

 

Para os que non a puideron seguir en directo, xa está dispoñible a conferencia sobre Intelixencia Artificial impartida por Iago González o pasado día 17 de setembro no GaiasTech. Este acto celebrouse enmarcado no plan de accións de difusión e promoción das Tecnoloxías da Información e Comunicación que a AETG está organizando xunto coa Amtega.

Accede ao vídeo:

"Aplicacións da Intelixencia Artificial nos servizos públicos"

IA_21 portada.jpeg

Onte publicábase na sección de Opinión en La Voz de Galicia, o artigo escrito por Julio Sánchez Agrelo, decano do COETG, titulado «Made in Galicia», ¿por qué no?, no que ofrece unha análise da situación da escasez de microchips provocada pola pandemia.

Accede aquí ao artigo completo

lavozchip.jpeg

O 9 de setembro tivo lugar a presentación do II Torneo CGES de Golf no novo Club de Golf de Xaz en Oleiros. O torneo, que terá lugar o 18 de setembro, é organizado polo Consello Galego de Enxeñerías (CGES), do que o COETG forma parte, e nel participarán un total de 170 xogadores entre os que se atopan algún dos nosos compañeiros enxeñeiros de telecomunicación.

presentacion torneo.jpg

O vindeiro 17 de setembro de 2021 ás 11.30h no GaiásTech en Santiago de Compostela, terá lugar a conferencia "Aplicacións da Intelixencia Artificial nos servizos públicos" que desde a AETG organizamos xunto coa Amtega, enmarcada no plan de accións de divulgación e promoción das Tecnoloxías da Información e Comunicación.

Será impartida polo experto en Intelixencia Artificial,Iago González Basadre, que centrará a súa exposición nas posibilidades do procesamento da linguaxe para o seu uso en asistentes conversacionais e en tecnoloxías como as de recoñecemento de voz e o seus casos de uso, en combinación con servizos e desenvolvementos actuais para ampliar, mellorar, axilizar e optimizar custes en servizos do día a día.

O acto é de carácter presencial coa posibilidade de seguilo vía streaming. As confirmacións de inscrición presencial realizaranse por rigorosa orde de chegada ata completar aforo.

Formulario de inscrición

imaxe gaiastech.jpg

Desde a AETG e coma sempre coa colaboración do COETG, lanzamos un novo número da revista corporativa A Nosa Rede na que baixo o título "Intelixencia Artificial Telecomunicada" reflexionamos sobre o avance do mundo cara unha vida humana altamente axudada polas máquinas lóxicas e a simbiose da intelixencia artificial e a telemática. Contamos coa participación das empresas colaboradoras que a través dos seus artigos, achegan información sobre proxectos e iniciativas actuais e ofrecen a súa perspectiva sobre a temática.

Acceso ás publicacións:

A Nosa Rede en galego A Nosa Rede en castellano

redes-sociales_320x320.jpg

O luns 6 de setembro publicábase na Voz de Galicia un artigo de Xavier Alcalá sobre as traducións automáticas e a aplicacións de medios telemáticos para a mesma.

Accede aquí ao artigo completo

voz img.jpg
Distribuir contido