Noticias

 

Hoxe arranca unha nova edición do Foro Tecnolóxico de Emprego que se desenvolverá ata o vindeiro venres nas escolas de Enxeñería de Telecomunicación, Industriais e Minas no Campus Universitario de Vigo.

Nesta edición, a nosa participación será na celebración dun workshop baixo o título Oportunidades profesionais e de emprego do Enxeñeiro de Telecomunicación. Experiencia de Realidade Virtual que terá lugar o xoves 14 de marzo ás 12h na Sala de Xuntas da Escola de Enxeñería de Telecomunicación.

forotecnoloxico.png

Xa están preparadas para marzo as seguintes edicións dos cursos on-line organizados polo Colexio: "BIG DATA. Estrategias de Negocio y Fundamentos de Data Science", "Introducción a las Criptomonedas y Smart Contracts” e "Proyectos de Despliegue de Redes de Fibra Óptica”.

Toda a información dos programas e inscrición dos cursos pódese consultar en : Información oferta formativa.

bigdata.jpg

En decembro de 2016 a Deputación Provincial da Coruña aprobou a súa Relación de Postos de Traballo para 2017, na que figuraban nove postos de traballo coa denominación de “técnicos superiores en informática” para os que excluían o acceso aos Enxeñeiros de Telecomunicación.

Ao considerar que a resolución non se axustaba aos principios básicos sobre o acceso a prazas de emprego público, desde o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación iniciamos as accións legais oportunas que finalizaron cun recurso de Apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Ver sentencia do TSXG

Sentencia Galicia web.jpg

En virtude do acordo de colaboración entre o Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociad@s/colexiad@s poden asistir de xeito gratuíto á xornada "Diseñando el mañana con Carlos Barrabés" que terá lugar o 7 de marzo en Santiago de Compostela.

Onte día 24 de febreiro publicamos na sección Mercados de La Voz de Galicia outro dos artigos cos que desde o COETG e a AETG colaboramos na labor divulgativa sobre as Tecnoloxías da Información e a Comunicación á sociedade. Nesta ocasión o autor é o noso compañeiro José Manuel Ordóñez.

O proceso de transformación dixital, hoxe máis de actualidade que nunca, arrincou en realidade hai moitos anos. Ocorre que as máis avanzadas tecnoloxías asociadas a este fenómeno abriron un vasto mundo de posibilidades que as empresas han de aproveitar para seren competitivas nun mercado cada vez máis esixente. Tecnoloxías que parten do cultivo e explotación dunha das materias primas por excelencia desta era: os datos, información de clientes coa que optimizar a toma de decisións.

Datos, el valor del oro digital

ordonez.jpg

Os Colexios Oficiais que conformamos o Consello Galego de Enxeñerías (Enxeñeiros Agrónomos, Caminos, ICAI, Industriais, Minas, Montes, Navais e de Telecomunicación) reunímonos co Presidente da Xunta de Galicia para presentarlle o documento "Medidas desde la Ingeniería para el desarrollo de Galicia" no que se recolle a visión que ten cada unha das Enxeñerías agrupadas no CGES acerca das cuestións de importancia para o desenvolvemento e mellora de Galicia. Corresponde a un catálogo de intereses, prioridades e oportunidades recollidas en 20 temáticas e máis de 100 medidas.

Dz9aZ_EWwAAlXhh.jpg
Distribuir contido