O vindeiro día 1 de xuño celébrase no Centro Social Novacaixagalicia de Vigo a Xornada Técnica TELCOM 2012 Galicia organizada por AGEINTE e FENITEL, á cal os colexiad@s/asociad@s do Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, poderán asistir de forma gratuíta.
A Xornada celebrase baixo o lema "Xestionando o presente para gañar o futuro" e nela trataranse temas como o Fogar Dixital, as Smart Cities e a ICT2.