A Asociación puntoGal presentou hoxe a candidatura do dominio .gal ante o ICANN, co apoio de diferentes entidades entre as que se atopa o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, como membro da directiva desta asociación.
O obxectivo é que Galicia teña proxección no mundo dixital cun dominio propio baixo o que poderán rexistrarse aquelas entidades, empresas ou persoas que se expresen en lingua galega e que contribúan ao fomento da nosa cultura.