Noticias

 

O día 19 de setembro comezou en A Coruña unha nova edición do Tour Tecnolóxico @asLAN no que, como en anteriores edicións, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia estivo presente. Tralo acto de inauguración a cargo do Decano do COETG, Ramón Bermúdez de Castro, desenvolveuse un intenso programa de conferencias sobre aspectos fundamentais para dispor dunhas infraestruturas de alto rendemento e fiabilidade, que soportan o crecente uso das tecnoloxías na empresa e as necesidades de mobilidade: WLAN, DataCenter, BYOD, ...

aslan1.jpg

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia ofrece aos seus colexiad@s a posibilidade de presentar unha idea innovadora propia, ante o proxecto WAYRA de apoio ao emprendemento e as start-up que promove Telefónica nos diferentes países de América e Europa onde está implantada.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia -AMTEGA- da Xunta de Galicia, celebra o vindeiro 3 de outubro no Centro Demostrador das TIC en Santiago de Compostela, unha xornada na que se contempla a realización de entrevistas persoais cos autores dos proxectos seleccionados, para que os expertos do proxecto WAYRA poidan coñecer as ideas innovadoras e ao tempo poidan orientar aos emprendedores no avance dos seus proxectos e sobre as posibilidades de entrar na plataforma WAYRA.

Os colexiad@s interesados en participar, deberán remitir o seu proxecto por mail a administracion@coetg.es antes do día 27 de setembro ás 14.00 horas. O COETG realizará unha preselección entre todas as propostas recibidas, na que se terá en conta principalmente que o proxecto estea enfocado a unha realidade empresarial.

Máis información

wayra.png

O vindeiro 19 de setembro arranca en A Coruña unha nova edición do Tour Tecnolóxico @asLAN e como en anos anteriores, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia participará activamente no mesmo. O acto de apertura contará coa participación do noso Decano, Ramón Bermúdez de Castro e tamén contarase coa participación do noso Tesoureiro Fernando Cendán Garrote, no Coloquio – Debate: Estratexias, iniciativas e actuacións rexionais alineadas con Axenda Dixital para Europa.

Este ano o Tour celébrase baixo o título “Un mundo Cheo de oportunidades” e desenvolverase con foros que terán lugar en 5 cidades españolas: A Coruña, Barcelona, Sevilla, Valencia e Bilbao.

Como colaboradores os nosos colexiad@s poderán ter acceso ao Tour con dúas posibilidades de inscrición.

cabecera1.jpg

OS PREMIOS GALICIA DAS TELECOMUNICACIÓNS 2012, PROTAGONISTAS DA XVII EDICIÓN DA NOITE GALEGA DAS TELECOMUNICACIÓNS E DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

• O evento, organizado polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG), celebrouse o pasado 26 de outubro no Gran Hotel da Toxa (O Grove, Pontevedra) baixo o lema “Smart Cities, a tecnoloxía ao servizo dos cidadáns”.

• A gala estivo presidida polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, quen entregou o premio Enxeñeiro do Ano 2012 a José Luis Barreiro Conde.

• Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais foi para a aplicación móbil Pictodroid Lite da compañía viguesa Accegal; o Premio Ingeniero Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2012 recaeu na empresa Vmodal Interactive pola súa solución tecnolóxica “Intellixente. La Voz de tu cliente” e o Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral aplicada ao sector TIC concédeselle a Guillermo López Taboada pola súa tese Design of Efficient JAVA Communications for High Performance Computing.

Con data 1 de agosto de 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia, o Anuncio do 24 de xullo de 2012 polo que se fai pública a declaración de incidencia supramunicipal do Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración Xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, e se somete a información pública e consultas polo prazo de dous meses xunto co seu Informe de Sostibilidade Ambiental.

O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio iniciou a consulta pública sobre a proposta da Axenda Dixital Española co fin de fomentar a participación cidadá e recibir ideas e propostas que permitan mellorar este proxecto.

Distribuir contido