Noticias

 

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia reuniuse co alcalde de A Coruña, Carlos Negreira, e co responsable de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Martín Fernández Prado, para ofrecerse a participar no proxecto “Smart Cities”. Grazas a este proxecto, as novas tecnoloxías aplicaranse aos servizos públicos e permitirán alcanzar notables cotas de sostibilidade, eficiencia e benestar social. Estruturarase en torno a seis grandes eixes: Medio, Enerxía, Mobilidade Urbana, Sanidade e Seguridade, Turismo e Ocio e Administración Electrónica, co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos cidadáns e o ámbito económico a través das TIC e a innovación.

fotofamiliasmartcities.jpg

O vindeiro 3 de febreiro de 2012 é a data límite para a presentación de certificacións de estacións radioelécticas e proxectos de radiodifusión co actual esquema ante a SETSI. Do 6 ao 9 de febreiro de 2012 a plataforma da SETSI quedará inhabililtada para a presentación de todo tipo de certificacións radioeléctricas, data a partires da cal se reactivará cos novos esquemas.
Os novos esquemas poden descargarse no seguinte enlace

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia informa da celebración da primeira edición da Xornada de Negocio e Networking Cluster TIC Galicia que terá lugar o vindeiro 16 de febreiro en Santiago de Compostela baixo o lema “Facendo nacer as oportunidades”.

Dada a condición de asociado do COETG ó Cluster, os colexiados poden acollerse a tarifas especiais. Mais información

O expresidente da Xunta de Galicia e Socio de Honra da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia faleceu esta pasada noite na súa casa de Madrid e será soterrado mañá en Perbes. Dende a AETG o noso mais sentido pésame.

De acordo a un estudo realizado por Adecco, o enxeñeiro de telecomunicación será un dos perfís máis buscados no ano 2012, mentres que os consultores SAP converteranse nos expertos máis cotizados e mellor pagados do sector TIC.

Ver nova

Acceso Resumo Informativo Adecco

imagesca63orse_5164a1d6.jpg

O lucense Alberto Rodríguez Raposo ocupará o cargo de Director Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información, segundo informou o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo tralo Consello de Ministros celebrado o pasado 5 de xaneiro.

O noso compañeiro, nacido en Lugo en 1965, tamén cursou estudos de Ciencias Económicas, sendo funcionario da Administración do Estado desde 1992.

Distribuir contido