Noticias

 

Con motivo da celebración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012, o COETG participou no acto organizado pola Escola de Enxeñería de Telecomunicación de Vigo consistente nunha conferencia baixo o título "Designing Smarter Networks: Modeling Communications in the Era of Service Awareness Social Networks and the Smart Grid" impartida por D. Mike Devetsikiotis, mestre da North Carolina State University.

gal2.jpg

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG/AETG) celebraron onte, luns 14 de maio, en colaboración coa Asociación Multisectorial das Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación de Galicia (INEO), unha Xornada de Networking baixo o título "Economía do Mar".

A Xornada, que tivo lugar en Vigo, na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra, contou cun importante número de asistentes pertencentes a empresas TIC e do Sector Marítimo, e contou coa participación de representantes de ACLUNAGA, ANFACO-CECOPESCA, BIOGA, Clúster de Tecnoloxía do Campus do Mar e Porto de Vigo.

dsc01045.jpg

Retransmisión en directo a través de streaming do Foro Dixital que o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organizan con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012 e no que participa tamén a Escola de Enxeñería de Telecomunicación de Vigo, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Educación.

O acto celébrase hoxe día 15 de maio ás 12.00 horas no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) en Santiago de Compostela.

Para seguir o evento en directo pincha aquí: http://www.cesga.es/DiaMundialTelecomunicacions/

noite_021.jpg

Con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012, o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organizan un Foro Dixital no que participa tamén a Escola de Enxeñería de Telecomunicación de Vigo, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Educación. Este acto ten previsto celebrarse mañá martes día 15 de maio ás 12:00 horas no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) en Santiago de Compostela.

finisterrae_etc_56_107x80.jpg

Con motivo da celebración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012, a Escola de Enxeñería de Telecomunicación de Vigo organiza a conferencia baixo o título "Designing Smarter Networks: Modeling Communications in the Era of Service Awareness Social Networks and the Smart Grid" impartida por D. Mike Devetsikiotis, mestre da North Carolina State University, o vindeiro mércores 16 de maio en Vigo.

Neste acto, no que o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia colaboran, contaremos ademais coa intervención da Directora da Escola de Enxeñería de Telecomunicación, Edita de Lorenzo e do Vicedecano do COETG, Miguel Merino.

Entre os actos que O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia están a organizar con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012, incluese unha visita ás instalacións do Aeroporto de Santiago de Compostela para os colexiad@s/asociad@s que estean interesados en coñecer esta infraestructura clave para o desenvolvemento económico e social de Galicia.

cubierta_verde_alta.jpg
Distribuir contido