Noticias

 

Víctor Calvo Sotelo foi designado como sucesor de Juan Junquera ao fronte da Secretaría de Estado de Telecomunicacións, máximo órgano reitor das Tecnoloxías da Información e a Comunicación en España.

O fillo do segundo presidente da democracia ten por diante grandes retos como o impulso ao sector TIC en España ou concretar o futuro de diversos organismos como Red.es e o Inteco.

Desde o COETG infórmase de que, ata o vindeiro 16 de xaneiro pódense seguir utilizando os modelos da anterior Orde CTE/1296/2003, aínda cando tamén se poden utilizar os modelos da nova Orde ITC/1644/2011 para as actas de replanteo, anexos e certificacións de fin de obra, dos proxectos elaborados segundo o anterior

fondo_0.gif

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica contará co Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, entre outras entidades do sector TIC, na elaboración do anteproxecto de Lei de Impulso e ordenación das Infraestruturas de Telecomunicacións de Galicia.

Con motivo do acordo alcanzado entre o COETG/AETG e a entidade APD, os colexiados e asociados que o desexen poderán asistir ao II ciclo “Directivos y Salud” acto organizado por APD, no cal se celebrará o Cineforum Empresarial APD, que consistirá na proxección da película “Margin Call” e o posterior coloquio sobre a temática do film, os riscos psicosociais da crise. Este evento celebrarase na Coruña e en Vigo, os días 12 e 13 de decembro respectivamente.

Confirmacións de asistencia a traveso da sede colexial no teléfono 981.919.300.

Programa Vigo
Programa A Coruña

O vogal da xunta de goberno do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Luis Castedo, postúlase como un dos dous candidatos finalistas á segunda volta nas eleccións a reitor da Universidade da Coruña, votación que terá lugar o vindeiro día 13 de decembro.

Máis información

Distribuir contido