Noticias

 

De interese para colexiados e asociados
O Servizo Galego de Saúde vén de convocar concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información. As solicitudes de participación poderán presentarse ata o 31 de agosto de 2021 inclusive.

Bases da convocatoria DOG 5 de xullo 2021

dog.jpg

Hoxe publícase na Voz de Galicia o artigo do noso compañeiro Xavier Alcalá "Muiños mariños" no que fala do potencial de Galicia en materia de produción de enerxía eólica e advirte da necesidade de estudos que garantan a convivencia destas infraestruturas xeradoras de enerxía verde cos radares e a goniometría das embarcacións.

Accede aquí á publicación

F03L7002.jpg

Trala recente renovación da lexislatura do Colexio Oficial e da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, o decano do COETG e presidente da AETG reelixido, aborda o novo período mantendo as liñas de traballo existentes á vez que con novos proxectos. Potenciar xornadas, a captación de socios e maior presenza en redes sociais son algúns dos retos da entidade para os próximos anos.

Por este motivo, publícase a entrevista realizada recentemente para a revista BIT do Colegio Oficial de Ingenieros de Telecomunicación, á cal podes acceder no enlace

Entrevista Decano COETG na revista BIT

180911__DSC2491 WEB.jpg

O COETG, o COIT e Telefónica convocan as xornadas "El poder transformador del 5G" para divulgar casos reais e amosar as súas posibilidades na dixitalización.

O Colegio Oficial de Ingenieros de Telecomunicación (COIT), o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación en Galicia (COETG) e Telefónica organizamos conxuntamente as xornadas “El poder transformador del 5G” que se celebrarán do 15 ao 17 de xuño en formato virtual. Nelas abordaranse aspectos relacionados co impacto do 5G en todos os niveis, tanto industriais como económicos e sociais, ademais de presentarse casos de uso xa implantados con clientes reais en diversos ámbitos de actividade como Industria 4.0, educación, coche conectado ou ehealth.

O evento conta con seis mesas (cinco abertas e unha por invitación) cun plantel de expertos procedentes de distintas administracións públicas, empresas, entidades privadas, universidades e centros de investigación.O ciclo de conferencias e debates poderase seguir en aberto e de forma gratuíta, previa inscrición, e co cancelo #Pilotos5G.


Acceso ao programa completo e inscrición

poder_transformador_0 web.jpg

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia convídante ao webinar sobre “BIM y dispositivos vinculados. El hangar automatizado para drones de ITG” que terá lugar o vindeiro 9 de xuño de 2021 ás 13 horas, organizado polo Instituto Tecnolóxico de Galicia - ITG e Grupo ATLANTE e no que o COETG/AETG participa.

Máis Información e inscrición

imagen_atlante_itg.png

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organiza o encontro virtual Intelixencia artificial ao servizo da lingua en conmemoración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2021. Terá lugar o vindeiro venres 28 de maio ás 11.00 horas e contaremos coa participación de PuntoGal.

Programa e inscrición

encontro_dmtsi21.jpg
Distribuir contido