Noticias

 

Xa podes acceder ao novo artigo de opinión do noso compañeiro Xavier Alcalá e publicado en La Voz de Galicia, o 4 de maio, baixo o título "Eólica maldita".

Accede aquí á publicación

eolica.png

O venres 26 de maio de forma presencial no Centro GaiásTech e tamén por Streaming, impartiremos en colaboración co #Nodo5G da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a xornada "IoT e despregamentos masivos grazas á maxia do NB-IoT".

O IoT está cada día máis presente na nosa vida, tanto no ámbito profesional, como no noso día a día. Pero, que maxia tecnolóxica hai detrás desta tendencia? Presentámosche unha tecnoloxía crave para os despregamentos masivos de IoT aplicable a diferentes casos de uso. Introdución teórica e contextual xunto a práctica hands-on.

A xornada forma parte dunha serie de talleres de acceso gratuíto sobre diferentes tecnoloxías, impulsados polo #Nodo5G, unha iniciativa para promover e dinamizar o sector mediante actividades de formación e networking para agrupar axentes que poidan requirir ou executar proxectos relacionados co #5G.

Máis información e inscrición

frontal.jpg

Un ano máis -e xa van cinco!!!-, celebraremos o Encontro de confraternización anual de asociadas/os da AETG, en colaboración co COETG.

Se es estudante do Grado ou Master de #Teleco ou finalizaches os estudos, tamén estás convidada/o a participar nesta iniciativa gratuíta!

Nesta ocasión terá lugar o venres día 26 de maio de 2023 a partir das 13.30 horas, sendo o marco escollido a fermosa vila de Allariz en Ourense. Ademais do tradicional xantar de pé no hotel OCA Vila de Allariz, teremos a posibilidade de realizar unha visita guiada polas rúas históricas da vila e o Festival Internacional dos Xardíns de Allariz.

A idea é que cada ano o evento vaia gañando sona, coa intención de poñer en valor o sentimento de pertenza ao colectivo, de compartir experiencias e proxectos persoais e profesionais.

Por cuestións de reserva e aforo é preciso confirmación de asistencia a través do seguinte formulario antes do día 23 de maio ás 10:00 horas. Amplíase o prazo de inscrición durante todo o día de hoxe 23 de maio!

INSCRICIÓN

allariz.jpeg

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organiza a xornada virtual "Conectividade Global Efectiva" en conmemoración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2023, coa participación de PuntoGal e Enxeñería Sen Fronteiras. Terá lugar o vindeiro 16 de maio ás 12:30 horas e consistirá nun debate no que os participantes tratarán cuestións como a achega da tecnoloxía para o ben común, a contribución das TIC ao desenvolvemento dos países e a dixitalización nas diversas comunidades humanas.

Inscrición

Invitación xornada DMTSI23.png

Para os que non puideron seguila en directo xa está dispoñible a xornada impartida por Alex Devesa Refojo o 28 de abril baixo o título "Configura un Dashboard para IoT sobre Raspberry PI con Nodered en remoto" no GaiásTech. Esta sesión formativa organizouse enmarcada nas actuacións a realizar pola AETG vinculadas á colaboración que temos coa Amtega para o fomento da Sociedade da Información.

Accede ao vídeo:

"Configura un Dashboard para IoT sobre Raspberry PI con Nodered en remoto"

dashboard.jpg

Xa se pode acceder ao novo artigo publicado o 28 de abril na Voz de Galicia do noso compañeiro Xavier Alcalá "Democracia enerxética" sobre o un tema tan de actualidade como o dereito de producir enerxía eléctrica por todos e para todos.

Accede aquí á publicación

Demoenerx.png
Distribuir contido