Noticias

 

O vindeiro xoves 30 de marzo ás 17.30h celebramos a xornada "Servizos IoT e redes LoRaWAN" no Gaiás Tech da Cidade da Cultura de Galicia. Trátase dunha conferencia en formato presencial con posibilidade de seguemento en liña, impartida por José Antonio Núñez Fernández, responsable de calidade, procesos e proxectos especiais de Retegal, que será presentada polo director da Área de Sociedade Dixital da Amtega, Miguel Rodríguez Quelle.

Inscricións

imagen gaiastech.jpg

O noso compañeiro Xavier Alcalá fai unha interesante reflexión sobre a computación cuántica no novo artigo publicado en La Voz de Galicia baixo o título "Cálculos cuánticos" o 15 de marzo.

Accede aquí á publicación

Cálculos cuánticos.png

O vindeiro venres 24 de marzo ás 12 horas celebramos a xornada virtual "Despregue de tendidos aéreos de telecomunicacións en núcleos rurais. Todo o que necesitas saber!" dirixida especialmente a responsables de urbanismo, telecomunicacións e infraestruturas dos Concellos galegos. Trátase dunha sesión en liña, áxil e resolutiva sobre aspectos relativos á viabilidade do despregue de tendidos aéreos de telecomunicacións en núcleos rurais, cunha quenda de preguntas para formular dúbidas por parte dos asistentes.

Invitación a concellos Sesión despregue tendidos aéreos NOVA DATA.jpg

Nos últimos anos avanzouse no obxectivo de reducir a fenda dixital de xénero, aínda que se avanzou de forma desigual en función do indicador que se tome. En determinados aspectos como o uso de Internet ou o teletraballo apenas hai diferenzas por xénero, pero noutros como o mercado de especialistas dixitais, a formación STEM ou a seguridade en Internet as desigualdades son maiores.

Máis información

foto_post_brecha_digital_genero.gif

Xa está dispoñible o vídeo da xornada As tecnoloxías claves do 5G: Network Slicing e Edge Computing impartida o pasado día 16 de febreiro. Esta xornada celebrouse enmarcada nas actuacións a realizar pola AETG vinculadas á colaboración que temos coa Amtega para o fomento da sociedade da Información.

Accede ao vídeo:

"As tecnoloxías claves do 5G"

nodo5G.png

O vindeiro 13 de marzo no teatro Colón de Coruña terá lugar a xornada "A lei de contratos do sector público cinco anos despois. A importancia dá contratación pública como motor dá economía", organizada pola Deputación Provincial da Coruña.

Durante a mesma analizarase a experiencia derivada da súa aplicación e reflexionarase sobre os seus aspectos positivos pero tamén sobre aquelas cuestións que poidan ser obxecto de mellora, considerando a importancia que ten a contratación pública como instrumento de dinamización da economía, a creación de emprego e a utilización dos criterios ambientais, sociais e éticos no marco da contratación estratéxica.

A asistencia é gratuíta previa inscrición aquí.

contratos.jpg
Distribuir contido