O vindeiro 17 de setembro de 2021 ás 11.30h no GaiásTech en Santiago de Compostela, terá lugar a conferencia "Aplicacións da Intelixencia Artificial nos servizos públicos" que desde a AETG organizamos xunto coa Amtega, enmarcada no plan de accións de divulgación e promoción das Tecnoloxías da Información e Comunicación.
Será impartida polo experto en Intelixencia Artificial,Iago González Basadre, que centrará a súa exposición nas posibilidades do procesamento da linguaxe para o seu uso en asistentes conversacionais e en tecnoloxías como as de recoñecemento de voz e o seus casos de uso, en combinación con servizos e desenvolvementos actuais para ampliar, mellorar, axilizar e optimizar custes en servizos do día a día.
O acto é de carácter presencial coa posibilidade de seguilo vía streaming. As confirmacións de inscrición presencial realizaranse por rigorosa orde de chegada ata completar aforo.