Noticias

 

Xa está aberto o prazo para matricularse a calquera dos cursos que darán comezo durante o mes de xuño. Organizados polo Colexio, impartiránse en formato on line novas ediciones dos cursos sobre temáticas de cabreado estruturado, ciber defensa, redes de fibra óptica e power BI.

Toda a información dos programas e inscrición dos cursos pódese consultar en: Información oferta formativa.

birrete.png

O venres día 27 de maio celebramos o xa tradicional Encontro de Confraternización anual de asociados. Nesta ocasión, o lugar elixido foi o MEGA, o Museo de Estrella Galicia de A Coruña, no que puidemos coñecer tanto o propio museo como a fábrica de cervexa da marca galega, previamente ao xantar de confraternización, no que compartimos experiencias e proxectos tanto persoais como profesionais. As fantásticas e divertidas experiencias vividas deixaron aos asistentes co desexo de repetir a experiencia para o ano que ven.

Ano tras ano, este evento vaise convertendo no encontro anual dos enxeñeiros e enxeñeiras de telecomunicación asociados de Galicia, coa intención de poñer en valor a importancia de pertencer a un colectivo coma o noso e de compartir vivencias e proxectos propios cos compañeiros.

Imagen 14 web.jpg

O Consello Galego de Enxeñerías xunto coa Cámara de Comercio de A Coruña, Fiscal Galicia e a colaboración de Mutuactivos Grupo Mutua Madrileña, organizan a xornada "Beneficios fiscales: Alternativas" o vindeiro xoves día 2 de xuño ás 11.45 horas, en formato presencial, na sede da Cámara de Comercio da rúa Alameda núm. 32 da Coruña. A inscrición é de balde e aberta ao público xeral. Ao finalizar a xornada servirase un cóctel.

Programa e inscrición

LUB9Mra0p99qAOWA.png

Hoxe, as 12 da mañá, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación celebra a xornada virtual "A fabricación aditiva como parte da estratexia da dixitalización".

Programa e inscrición

Imagen2.png

En virtude do acordo de colaboración entre o Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociad@s/colexiad@s interesados poderán asistir de balde ao I Foro presencial sobre tecnoloxía e negocio que terá lugar o 30 de maio en Santiago de Compostela. Este evento nace co objectivo de abordar os novos retos aos que se enfrentan as organizacións, coa tecnoloxía como vehículo impulsor da súa exponencialidade.

foro apd.jpg

O pasado 15 de maio publicouse na sección Mercados en La Voz de Galicia "Las criptomonedas también chocan con la sostenibilidad del planeta", un artigo moi interesante escrito polo noso compañeiro César Mariñas e que se centra neste novo medio de intercambio e o seu efecto sobre o planeta desde o punto de vista da ecoloxía. O consumo eléctrico da bitcoin é enorme e supón, aproximadamente, o 66 % do total empregado neste tipo de divisas, o que equivale ao gasto enerxético dun país como Noruega.

Imagen La voz de Galicia de criptomonedas.png
Distribuir contido