Noticias

 

O xornal La Voz de Galicia publica hoxe día 16 de xullo na súa edición xeral un Monográfico Especial de Rehabilitación e Certificación Enerxética na que o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia achega aos usuarios a súa visión do que é a certificación enerxética e a súa importancia de cara a conseguir edificacións más eficientes. O Monográfico inclúe tamén un directorio de enxeñeiros de telecomunicación colexiados que realizan este tipo de certificados.

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) quere recoñecer a labor desenvolvida polo ex xefe provincial de Inspección de Telecomunicacións de A Coruña, Félix Canales Rodríguez, cun homenaxe celebrado con motivo da súa xubilación despois de toda unha vida profesional dedicada ao fomento e impulso das telecomunicacións.

O acto tivo lugar hoxe venres día 5 de xullo en Santiago de Compostela, e os asistentes honraron ao homenaxeado cunha cerimonia de recoñecemento ao seu compromiso co desenvolvemento das TIC en Galicia, na que o decano do COETG, Ramón Bermúdez de Castro, fíxolle entrega dunha placa conmemorativa en agradecemento aos seus anos de dedicación ao sector das telecomunicacións e pola súa colaboración co COETG no desenvolvemento das ICT e do fogar e o edificio dixital en Galicia e por outras moitas actuacións conxuntas.

homenaxe_felix.jpg

O Programa Voluntariado Dixital celebrará os vindeiros 28 e 29 de xuño no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, CNTG, sito en Santiago de Compostela, dúas xornadas que nos achegarán ao Crowdfunding, unha forma de financiamento online que permite, tanto a usuarios individuais coma a organizacións, promover proxectos, accións e actividades específicas grazas a pequenas contribucións por parte dunha masa distribuída de financiadores.

Este curso correspóndese co módulo IV do programa formativo "Redes sociais e Comunicación 2.0" do proxecto Voluntariado Dixital, posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia e no que colabora o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.

En virtude do acordo de colaboración entre o Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociad@s/colexiad@s poden asistir ao I Congreso Nacional CIOS "Evolución del CIO al CiiO. Reinvéntate y marca tendencia" que terá lugar o vindeiro 25 de xuño no Palacio Municipal de Congresos de Madrid.

O Programa Voluntariado Dixital celebrará os vindeiros 20 e 21 de xuño no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, CNTG, sito en Santiago de Compostela, dúas xornadas relacionadas coa labor dun Community manager.

Este curso correspóndese co módulo III do programa formativo "Redes sociais e Comunicación 2.0" do proxecto Voluntariado Dixital, posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia e no que colabora o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.

Se estades interesados en participar con nós nestes programas formativos, poderedes formalizar a inscrición antes do mércores 19 de xuño, a través da seguinte ligazón

O vindeiro martes día 18 de xuño de 2013, terán lugar as Asembleas Xerais Ordinarias da AEIT e COIT. Celebraránse in situ na sede do Instituto da Enxeñaría de España (Rúa General Arrando nº 38 de Madrid).

En Galicia, os asociad@s/colexiad@s interesados, poderán asistir indistintamente, dende as 17.30 horas, á ambas Asembleas por videoconferencia dende Vigo ou A Coruña, en:
Vigo - Aula T214 da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Lagoas Marcosende, s/n.
A Coruña - COETG. Rúa Juana de Vega, 4 - 1ºI.

Distribuir contido