Noticias

 

A Xunta de Goberno Territorial acordou a CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS á Xunta de Goberno Territorial do COETG para o vindeiro día 7 de xuño de 2013, de conformidade co disposto nos vixentes Regulamento Particular de Funcionamento do COETG e Estatutos Xerais do COIT.

No caso de estar interesados, @s colexiad@s poderán presentar a súa candidatura á Mesa Electoral ata o día 21 de abril de 2013 data que, ao coindicir en día non laborable, amplíase ata o día 22 de abril de 2013 ás 11.00 horas da mañán, a traveso da Secretaría do COETG, de acordo co Regulamento Particular de Funcionamento do COETG e Estatutos Xerais do COIT.

É imprescindible que a efectos de necesidade dunha posible comunicación urxente por parte da Mesa Electoral coa candidatura presentada se especifique un número de teléfono de contacto e un correo electrónico.

Toda a información relativa a este proceso electoral irase actualizando a traveso da web no banner que se habilitará a tal efecto.

Calquera dúbida ou consulta que se queira realizar sobre este proceso electoral, pódese dirixir ao correo electrónico administracion@coetg.es.

Regulamento Particular de Funcionamento do COETG
Estatutos Xerais do COIT.

A Xunta Directiva da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia acordou a CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS DOS MEMBROS DA XUNTA DIRECTIVA da AETG para o vindeiro día 7 de xuño de 2013, de conformidade co disposto nos vixentes Estatutos da AETG.

No caso de estar interesados, @s asocia@s poderán presentar a súa candidatura á Xunta Electoral ata o día 18 de maio, no obstante, dado que este día coincide con sábado amplíase o prazo de recepción de candidaturas ata o día 20 de maio de 2013 ata ás 11.00 horas da mañán, a traveso da Secretaría da AETG, segundo o disposto nos Estatutos da AETG.

É imprescindible que a efectos de necesidade dunha posible comunicación urxente por parte da Xunta Electoral coa candidatura presentada se especifique un número de teléfono de contacto e un correo electrónico.

Toda a información relativa a este proceso electoral irase actualizando a traverso da web no banner que se habilitará a tal efecto.

Calquera dúbida ou consulta que se queira realizar sobre este proceso electoral, pódese dirixir ao correo electrónico aetg@aetg.org.

A convocatoria coa orde do día, hora e lugar de celebración da Xunta Xeral Extraordinaria para eleccións de membros da Xunta Directiva da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia a celebrar o día 7 de xuño de 2013, comunicarase a tódolos asociados coa antelación suficiente segundo Estatutos da AETG e trala reunión da Xunta Electoral.

Estatutos da AETG

En virtude do acordo de colaboración entre O Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociad@s/colexiad@s poden asistir de forma gratuíta ó almorzo-coloquio "Spanish Patent Box. Cómo rendibilizar os resultados da I+D+i" que se celebrará o vindeiro 10 de marzo en Santiago de Compostela.

spanish_patent_box_foto.jpg

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación realizaron unha enquisa socio-profesional para coñecer as principais magnitudes que afectan ós enxeñeiros de telecomunicación nos ámbitos formativo e, sobre todo, do exercicio e desenvolvemento da súa carreira profesional. Segundo se desprende deste informe, o grado de ocupación dos enxeñeiros de telecomunicación é do 88,7%.

portada_informe_socioprofesional_2afa9a0c.jpg
Distribuir contido