Noticias

 

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia pon á disposición dos concellos galegos un servizo de asesoramento sobre normativa e solucións técnicas para o despregamento de infraestruturas de telecomunicación. É unha das medidas recollidas no convenio de colaboración asinado o luns 31 de marzo en Santiago de Compostela pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, e o presidente da AETG, Ramón Bermúdez de Castro.

convenio_amtega_2.png

O 21 de marzo tivo lugar na Coruña o II Congreso Ibérico de Enxeñeiros Novos Emprendedores que o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia coorganizou xunto có Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, a Ordem dos Engenheiros, o Colexio Oficial de Enexeñeiros agrónomos de Galicia, o Ilustre Colegio Oficial de Ingenieros Industriales de Galicia e o Colegio Oficial de Ingenieros de Minas del Noroeste.

2014-03-21_09.09.23.jpg

En virtude do acordo de colaboración entre o Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociad@s/colexiad@s poden asistir de forma gratuíta á xornada "Hacia un mercado laboral competitivo como motor da productividade", que se celebrará o vindeiro 3 de abril en Santiago de Compostela.

O 21 de marzo na Coruña o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia coorganiza xunto con outros Colexios de Enxeñería de Galicia e a Ordem dos Engenheiros de Portugal, o II Congreso Ibérico de Enxeñeiros Novos Emprendedores, onde ademais terá lugar unha Feira de Emprego na que os asistentes poderán contactar con empresas de RRHH especializadas no ámbito da contratación laboral.

2014-02-06_poster_cije14_0.thumbnail.jpg

O Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia participou activamente na XIV edición do Foro Tecnolóxico de Emprego da Universidade de Vigo que tivo lugar durante a semana do 11 ao 14 de marzo nas Escolas de Telecomunicacións, Minas e Industriais da Universidade de Vigo.

O mércores 12 ás 17 horas no salón de graos da escola de Telecomunicación tivo lugar a impartición dunha conferencia baixo o título "Desenvolvemento profesional do Enxeñeiros de Telecomunicación e o seu acceso ao mercado laboral" na que o vicedecano/vicepresidente, Miguel Merino Gil, e o xerente, Ricardo Fernández Fernández, transmitiron aos futuros profesionais da enxeñería de telecomunicación, as diferentes posibilidades do exercicio profesional.

la_foto_1.jpg

O vindeiro mércores 5 de marzo ás 10:30 no Salón de Actos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo, haberá unha interesante conferencia impartida por D. Andrés Leonardo Martínez Ortiz (Developer Program Manager de Google España), organizada polo Grupo de Desenvolvedores de Google de Vigo (+GDG Vigo).

Máis Información sobre a xornada e o relator

Distribuir contido