Noticias

 

En virtude do acordo de colaboración entre O Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociad@s/colexiad@s poden asistir de forma gratuíta ó encontro "10 consellos para o 2013" que se celebrará o vindeiro 19 de marzo en Santiago de Compostela.

Baixo o título “A práctica do exercicio profesional do Enxeñeiro de Telecomunicación”, representantes do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia impartirán mañá mércores día 13 de marzo unha conferencia dirixida aos estudantes de últimos cursos e recén titulados, na que darán a coñecer a entidade, os seus obxectivos e as actuacións que leva a cabo na actualidade. Os asistentes poderán coñecer de primeira man o labor do Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia na súa vertente encamiñada a atender as necesidades dos profesionais das telecomunicacións en todas as facetas posibles, dende o asesoramento técnico ata diferentes servizos relacionados coa práctica profesional.

O relatorio está englobado dentro dun ciclo de conferencias nas que as diferentes entidades participantes orientan aos futuros profesionais dende diferentes perspectivas. O Foro Tecnolóxico de Emprego, que este ano chega á súa décimo terceira edición, conta ademais coa participación do COETG e a AETG xunto con outras entidades, a traveso da exposición de diferentes stands nos que os asistentes teñen ao seu dispor, calquera información requirida sobre os servizos que ofrecen as entidades participantes.

Máis información: XIII Foro Tecnolóxico de Emprego

Co obxecto de impulsar o exercicio libre da profesión dos Enxeñeiros de Telecomunicación, o COETG convídache a formar parte do grupo creado con este obxectivo, Grupo de Exercicio Libre da Profesión Galicia (GELP Galicia), que ven exercendo actividades encamiñadas a dinamizar o exercicio libre da profesión na nosa comunidade dende o ano 2005 e dende o cal se coordinan todas as actividades que afectan ó exercicio da profesión, como a apertura de novos campos profesionais, a achega das actividades do COETG ó grupo de exercicio libre, etc.

A Xunta de Goberno Territorial acordou a CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS á Xunta de Goberno Territorial do COETG para o vindeiro día 7 de xuño de 2013, de conformidade co disposto nos vixentes Regulamento Particular de Funcionamento do COETG e Estatutos Xerais do COIT.

No caso de estar interesados, @s colexiad@s poderán presentar a súa candidatura á Mesa Electoral ata o día 21 de abril de 2013 data que, ao coindicir en día non laborable, amplíase ata o día 22 de abril de 2013 ás 11.00 horas da mañán, a traveso da Secretaría do COETG, de acordo co Regulamento Particular de Funcionamento do COETG e Estatutos Xerais do COIT.

É imprescindible que a efectos de necesidade dunha posible comunicación urxente por parte da Mesa Electoral coa candidatura presentada se especifique un número de teléfono de contacto e un correo electrónico.

Toda a información relativa a este proceso electoral irase actualizando a traveso da web no banner que se habilitará a tal efecto.

Calquera dúbida ou consulta que se queira realizar sobre este proceso electoral, pódese dirixir ao correo electrónico administracion@coetg.es.

Regulamento Particular de Funcionamento do COETG
Estatutos Xerais do COIT.

A Xunta Directiva da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia acordou a CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS DOS MEMBROS DA XUNTA DIRECTIVA da AETG para o vindeiro día 7 de xuño de 2013, de conformidade co disposto nos vixentes Estatutos da AETG.

No caso de estar interesados, @s asocia@s poderán presentar a súa candidatura á Xunta Electoral ata o día 18 de maio, no obstante, dado que este día coincide con sábado amplíase o prazo de recepción de candidaturas ata o día 20 de maio de 2013 ata ás 11.00 horas da mañán, a traveso da Secretaría da AETG, segundo o disposto nos Estatutos da AETG.

É imprescindible que a efectos de necesidade dunha posible comunicación urxente por parte da Xunta Electoral coa candidatura presentada se especifique un número de teléfono de contacto e un correo electrónico.

Toda a información relativa a este proceso electoral irase actualizando a traverso da web no banner que se habilitará a tal efecto.

Calquera dúbida ou consulta que se queira realizar sobre este proceso electoral, pódese dirixir ao correo electrónico aetg@aetg.org.

A convocatoria coa orde do día, hora e lugar de celebración da Xunta Xeral Extraordinaria para eleccións de membros da Xunta Directiva da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia a celebrar o día 7 de xuño de 2013, comunicarase a tódolos asociados coa antelación suficiente segundo Estatutos da AETG e trala reunión da Xunta Electoral.

Estatutos da AETG

En virtude do acordo de colaboración entre O Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociad@s/colexiad@s poden asistir de forma gratuíta ó almorzo-coloquio "Spanish Patent Box. Cómo rendibilizar os resultados da I+D+i" que se celebrará o vindeiro 10 de marzo en Santiago de Compostela.

spanish_patent_box_foto.jpg
Distribuir contido