Noticias

 

  • O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) conmemorou o Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información 2013 conseguindo levar a nosa lingua vehicular ao más alto nivel neste eido, o da Unión Internacional das Telecomunicacións (UIT), no que o póster oficial deste ano en galego xa comparte espazo cos outros seis idiomas de maior difusión do mundo (http://www.itu.int/en/wtisd/Pages/2013promotion.aspx).
  • fotopaguit.jpg

Onte día 20 de maio tivo lugar en Santiago de Compostela o foro “As cidades intelixentes: un compromiso coa accesibilidade”, un acto celebrado dentro do programa de eventos cos que se conmemorou o Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información 2013.

Este acto, organizado por INEO en colaboración co Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo, estivo centrado en dar a coñecer as necesidades das Cidades Intelixentes para seren accesibles aplicando as tecnoloxías da Información e a Comunicación e contou coa presenza de D. Juan Luis Quincoces, Director Xeral da Fundación Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade (CENTAC) e Dna. Felicitas Rodríguez, Responsable do Programa de Voluntariado Dixital da AMTEGA, entre outros representantes das entidades organizadoras e da Administración.

acto_ineo_web_4.jpg

 

O COETG celebra o Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información (DMTSI), que terá lugar mañá día 17 de maio, coa Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT), na que xa están subidas as súas iniciativas, entre elas, o cartel do DMTSI en galego, coa publicación da revista A Nosa Rede, dedicada este ano a: “As TIC e a mellora da seguridade vial”, lema escollido pola UIT para conmemorar esta data ou coa publicación do seu xa tradicional Manifesto no xornal La Voz de Galicia este venres, coincidindo coa festa das Letras Galegas, entre outros eventos.

Nos seguintes enlaces podedes acceder á relación de premiados da XXXIII Convocatoria dos Premios ás Mellores Teses Doctorais e aos Mellores Premios Proxectos Fin de Carreira.

Proxectos Fin de Carreria ou Traballo Fin de Máster
Teses Doctorais

O Parlamento de Galicia deu hoxe o visto e prace á "Lei impulso e ordenación das infraestruturas e telecomunicacións de Galicia", que pretende convertir ás telecomunicacións nun servizo de primeira magnitude, garantindo o seu desenvolvemento de xeito máis coordinado, con maior planificación e máis anticipación.

Galicia é a primeira Comunidade de España en apostar por unha iniciativa desta envergadura, unha lei que complementa á normativa estatal e coa que se pretende evitar a duplicidade de esforzos e investimentos nas administracións públicas.

A nova lei obrigará aos operadores e as administracións públicas a remitir información sobre os plans de despregamento executados ou previstos. En base a esta información elaborarase o primeiro “Mapa de Infraestruturas de telecomunicacións de Galicia”, que evitará a superposición de iniciativas aos operadores privados e concellos. Unha iniciativa, pioneira en España, na que se está xa a traballar e que permitirá establecer un plan de despregamento coordinado e en base a necesidades reais.

Con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información 2013, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia convida aos asociad@s/colexiad@s ao Foro “As cidades intelixentes: un compromiso coa accesibilidade” que terá lugar o vindeiro luns día 20 de maio ás 12.00 horas no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia en Santiago de Compostela.

Distribuir contido