Noticias

 

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) rendiu o venres homenaxe ao ex xefe provincial de Inspección de Telecomunicacións de Pontevedra, Manuel Pereira Pola, polo seu compromiso co desenvolvemento das TIC en Galicia e con motivo da súa xubilación despois de toda unha vida profesional dedicada ao fomento e impulso das telecomunicacións.

Este acto tivo lugar o venres 8 de febreiro en Santiago de Compostela nunha cerimonia de recoñecemento ao seu compromiso co desenvolvemento das TIC en Galicia. Durante o acto, o decano do COETG, Ramón Bermúdez de Castro, lle fixo entrega dunha placa conmemorativa en agradecemento aos seus anos de dedicación ao sector das telecomunicacións e pola súa colaboración co COETG no desenvolvemento das ICT en Galicia e outras moitas actuacións conxuntas.

homenaxe_xefe_provincial_pontevedra_020.jpg

Co obxecto de mellorar o servizo ofrecido a partir do 31 de xaneiro de 2013, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia trasládase do actual emprazamento dende a súa creación na rúa Federico Tapia, número 17 bis en A Coruña, á rúa Juana de Vega, número 4 – 1º I en A Coruña.

Mantéñense tanto as liñas telefónicas habituais como os enderezos electrónicos de contacto.

Seguimos á disposición do colectivo para atender calquera suxestión ao tempo que se convida a tod@ colexiad@ a visitar as novas instalacións do COETG.

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia ten asinado coa Escola Europea de Negocios (EEN) un convenio que permite acceder aos asociad@s da AETG ás actividades formativas (cursos, másteres, programas longos) que desenvolve a EEN con condicións vantaxosas.

En virtude deste acordo, @ asociad@ da AETG terá unha BONIFICACIÓN dun 15% ao formalizar a matrícula nas actividades formativas e a posibilidade de acceder a calquera das becas ou axudas dispoñibles.

Nestes momentos está aberto o prazo de inscrición para o MBA Executive para profesionais e o MBA Postgrao para recén titulados.

14.jpg

En virtude do acordo de colaboración entre O Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociados/colexiados poden asistir ao seminario "Update Laboral: Novidades en materia laboral e de Seguridade Social" que se celebrará o mércores día 23 de xaneiro en A Coruña e o xoves día 24 en Vigo.

A Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) tomou a decisión de conceder ó noso Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación a Acreditación como entidade de inspección para a verificación de proxectos de ICT.

Con esta resolución finaliza con éxito e dentro do prazo previsto o proxecto de obtención da acreditación de ENAC para a verificación de proxectos de ICT que converte ó Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación na primeira entidade en España en obter esta acreditación, ó igual que xa ocorrera coa acreditación provisional que nos foi otorgada pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información.

A acreditación garante o recoñecemento formal da competencia técnica da institución e avala a fiabilidade dos servizos do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de cara á Administración e ás empresas e enxeñeiros.

Distribuir contido