Noticias

 

Se tes unha idea innovadora non perdas a oportunidade de participar no concurso "Ideas innovadoras para o progreso".

Este concurso busca premiar e promover iniciativas innovadoras, de contido enxeñeiril, técnico ou científico, claves para o crecemento económico.

Anímate e participa enviando a túa proposta canto antes porque o prazo de presentación das iniciativas finaliza ás 14:00 horas do próximo 19 de abril e hai premios interesantes que poden axudarche a pór a túa iniciativa en marcha (primeiro premio: 6.000 euros; segundo premio: 4.000 euros; terceiro premio: 2.000 euros e 5 accésit con premios de 1.000 euros cada un).

image_gallery.png

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) colaborarán no impulso da Sociedade da Información en Galicia. Así se recolle nun convenio asinado esta mañá entre a directora da AMTEGA, Mar Pereira, e o decano do COETG, Ramón Bermúdez de Castro Olavide.

Segundo establece o acordo, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia comprométese a levar a cabo unha serie de actuacións como a verificación da calidade do servizo das redes de acceso de banda larga executadas ao abeiro do Plan de Banda Larga de Galicia, ou a realización dunha xornada técnica especializada no novo escenario lexislativo en materia de infraestruturas TIC. Esta acción completarase cun plan de difusión e comunicación realizado en colaboración coa AMTEGA que irá dirixido aos 315 concellos galegos e ao resto dos axentes involucrados do sector.

foto_para_web.jpg

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia acadou un acordo coa empresa Telecon para levar a cabo unha xornada formativa de carácter técnico sobre Eficiencia Enerxética, co obxectivo de presentar as oportunidades que ofrece a Eficiencia Enerxética aos enxeñeiros de telecomunicación.

En virtude do acordo de colaboración entre o Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociad@s/colexiad@s poden asistir gratuitamente á xornada "Perspectivas laborais tras un ano de reforma: Hacia a mellora da competitividade da empresa española", que se celebrará o vindeiro 18 de abril en Santiago de Compostela.

Programa completo

raq_pagina_1.jpg

Hoxe tivo lugar a xornada “Smart Cities e conectividade” organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) e o Consello Territorial de AMETIC Galicia, en colaboración con a Asociación para el Progreso de la Dirección (APD), un encontro que reuniu aos profesionais e as empresas máis relevantes do sector TIC galego en torno ás Smart Cities, da man do director xeral de Red.es, Borja Adsuara Varela, o máximo responsable da entidade pública encargada de consolidar o desenvolvemento da Sociedade da Información en España. O acto contou coa presenza da directora da AMTEGA, Mar Pereira, que foi a encargada de clausurar o evento.

imagen-1_0_0.preview.jpg

fotoinvitacion_1.jpg
Ás 11:30 horas no hotel AC Palacio do Carme de Santiago de Compostela celébrase a conferencia titulada “Smart Cities e conectividade”, a cargo do Director Xeral de Red.es, D. Borja Adsuara Varela, en representación da entidade encargada de impulsar o desenvolvemento da Sociedade da Información en España.

Distribuir contido