Noticias

 

O Consello de Ministros aprobou o pasado 28 de decembro de 2012 o anteproxecto da Lei Xeral de Telecomunicacións a proposta do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. Tras este primeiro paso iniciaranse os trámites de consulta deste anteproxecto entre a CMT e outros organismos para a súa aprobación definitiva polo Goberno nuns meses continuando así o seu trámite parlamentario.

Este anteproxecto actualiza a normativa vixente que data do 2003 e establece as bases para o despregamento das novas redes ultrarápidas. Con esta Lei o Goberno pretende resolver determinadas cuestións que afectaban negativamente á competividade dos operadores de telecomunicacións e penalizaban o despregamento de novas redes, a inversión e a provisión de servizos, segundo informa o Ministerio de Industria nun comunicado.

TELEVES e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación firmaron un convenio marco de colaboración que busca o desenvolvemento das telecomumicacións e a Sociedade da Información con especial énfase no desenvolvemento de infraestruturas de telecomunicacións e a súa introducción no conxunto da edificación española.

O convenio contempla a organización de equipos de traballo para a análise de aspectos regulatorios como a introducción das infraestruturas de telecomunicación en edificios sexan ou non singulares ou o impulso ó Fogar Dixital. Froito deste traballo prevese a elaboración de informes técnicos e divulgativos do coñecemento en materia de infraestruturas de telecomunicacións e de radiodifusión e TV (novos enfoques do sector audiovisual, TDT, dividendo dixital...).

Ambas entidades comprométense a colaborar na inserción profesional dos enxeñeiros de telecomunicación, especialmente os máis mozos, mediante a canalización de ofertas de emprego hacia os demandantes inscritos no Colexio así como a análise e presentación dos perfís profesionais demandados. O convenio inclúe ademais a cooperación para o impulso ó emprendemento entre os enxeñeiros de telecomunicación.

A cidade da Coruña formará parte do Comité Técnico de Normalización AEN/CTN 178 de Cidades Intelixentes, constituído pola Asociación Española de Normalización e Certificación (Aenor) e a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (SETSI), que asinaron onte un convenio para fomentar a normalización no campo das Cidades Intelixentes e contribuír, deste xeito, á súa implantación e despregamento en España.

O acordo, que foi subscrito polo director xeral de Aenor, Avelino Brito, e o secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Víctor Calvo-Sotelo, no acto de apertura da reunión de constitución do Comité celebrado na sede da SETSI, permitirá a normalización dun novo modelo de desenvolvemento urbano que permita xestionar de forma sostible e intelixente as cidades.

En virtude do acordo de colaboración entre O Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociad@s/colexiad@s contan cunhas condicións especiais na vindeira edición do Executive Programme en Dirección de Persoas organizado por APD.

O obxectivo do Programa é capacitar aos directivos para lograr liderar e dirixir mellor mediante un método de transformación e perfeccionamento de comportamentos profesionais contrastado.

foto_apd_executive_pagina_1.jpg

Dentro do marco da Axenda Europea Dixital 2020, que promove a Comisión Europea, vaise a diseñar un novo sistema capaz de transmitir e recibir información por internet a unha velocidade de ata 30 Gbps, é dicir, 300 veces máis rápido que velocidade actual, para que Europa poida competir con países como Corea do Sur ou Xapón.

Este aumento da banda larga permitirá ademais unha cobertura maior en zonas de difícil acceso, como a zona rural, polo que a orografía galega compre a ser un escenario idóneo como campo de probas para ensaios futuros da futura banda larga europea.

bats-e9036.jpg

En virtude da colaboración do COETG no Programa de Voluntariado Dixital posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Consellería de Traballo e Benestar, os colexiad@s interesad@s poderán asistir gratuitamente á Xornada "O uso das redes sociais e a web 2.0 nas organizacións sociais".

Esta xornada terá lugar o 27 de novembro en Santiago de Compostela desde as 10:00 horas ata as 13:00 horas, no salón 103 do Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) da Cidade da Cultura.

voluntariado-01_0.png
Distribuir contido