O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia veñen de publicar unha nova edición da revista A Nosa Rede, con motivo da XVII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012, este ano dedicada ás Smart Cities, a tecnoloxía ao servizo dos cidadáns.
Trátase dun monográfico sobre as cidades intelixentes que conta coa participación das empresas máis relevantes neste eido presentes na Noite Galega das Telecomunicacións, que a través das súas colaboracións en forma de artigos, fan unha abordaxe dende múltiples e moi diversas perspectivas, achegando dese xeito unha visión global e completa da situación deste importante campo de desenvolvemento tecnolóxico.