Noticias

 

 

O COETG celebra o Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información (DMTSI), que terá lugar mañá día 17 de maio, coa Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT), na que xa están subidas as súas iniciativas, entre elas, o cartel do DMTSI en galego, coa publicación da revista A Nosa Rede, dedicada este ano a: “As TIC e a mellora da seguridade vial”, lema escollido pola UIT para conmemorar esta data ou coa publicación do seu xa tradicional Manifesto no xornal La Voz de Galicia este venres, coincidindo coa festa das Letras Galegas, entre outros eventos.

Nos seguintes enlaces podedes acceder á relación de premiados da XXXIII Convocatoria dos Premios ás Mellores Teses Doctorais e aos Mellores Premios Proxectos Fin de Carreira.

Proxectos Fin de Carreria ou Traballo Fin de Máster
Teses Doctorais

O Parlamento de Galicia deu hoxe o visto e prace á "Lei impulso e ordenación das infraestruturas e telecomunicacións de Galicia", que pretende convertir ás telecomunicacións nun servizo de primeira magnitude, garantindo o seu desenvolvemento de xeito máis coordinado, con maior planificación e máis anticipación.

Galicia é a primeira Comunidade de España en apostar por unha iniciativa desta envergadura, unha lei que complementa á normativa estatal e coa que se pretende evitar a duplicidade de esforzos e investimentos nas administracións públicas.

A nova lei obrigará aos operadores e as administracións públicas a remitir información sobre os plans de despregamento executados ou previstos. En base a esta información elaborarase o primeiro “Mapa de Infraestruturas de telecomunicacións de Galicia”, que evitará a superposición de iniciativas aos operadores privados e concellos. Unha iniciativa, pioneira en España, na que se está xa a traballar e que permitirá establecer un plan de despregamento coordinado e en base a necesidades reais.

Con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información 2013, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia convida aos asociad@s/colexiad@s ao Foro “As cidades intelixentes: un compromiso coa accesibilidade” que terá lugar o vindeiro luns día 20 de maio ás 12.00 horas no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia en Santiago de Compostela.

Referente ao proceso de Eleccións á Xunta de Goberno do COETG e unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas, infórmase que se recibiu unha única candidatura para optar a formar a Xunta de Goberno do COETG. Unha vez remitida a candidatura á Mesa Electoral e de conformidade co establecido nos Estatutos Xerais do Colegio Oficial de Ingenieros de Telecomunicación e Regulamento Particular do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación Galicia, procedeuse á proclamación e investidura da única candidatura presentada como nova Xunta de Goberno Territorial do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación Galicia, en espera da súa toma de posesión.

colexio_oficial_enxeneiros_telecomunicacion_galicia.jpg

O vicedecano do COETG, Miguel Merino Gil, acompañou e deu a benvida ao mundo profesional aos graduados da 24º promoción da Escola de Enxeñería de Telecomunicación nun acto que tivo lugar o pasado venres no salón de actos da Escola en Vigo.

acto_graduacion.jpg
Distribuir contido