Noticias

 

Durante o mes de maio darán comezo novas edicións dos cursos organizados polo Colexio Oficial. Impartiranse en formato on-line novas edicións de "SD-WAN, Virtualización de Red e 5G", "PHP/Symfony e MariaDB", "Contratación Pública: Preparación de Ofertas e Expedientes", "Adquisición, Análise e Presentación de Evidencias Dixitais" e "Capacitación para o exercicio de funcións de Delegado de Protección de Datos". Xa está aberto o prazo para matricularse.

Toda a información dos programas e inscrición dos cursos pódese consultar en: Información oferta formativa.

sd-wan.jpg

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organiza a conferencia "myNET Campus: Software para a creación de proxectos de voz e datos" impartida por Rubén Cruells, director comercial da empresa OpenetlCS, que terá lugar o 28 de abril de 2022 ás 11:00 h.

O webinario será presentado por Julio Sánchez Agrelo, presidente da AETG e durante o mesmo, Rubén Cruells presentará o programa myNET Campus, un revolucionario software para o deseño, medicións e orzamentos de proxectos de instalacións de voz e datos que facilita o traballo aos profesionais e aforra tempo nestes labores. Esta ferramenta adáptase ás necesidades dos proxectistas.

Máis Información e inscrición

imagen mynet.jpg

Hoxe publícase na Voz de Galicia o artigo do noso compañeiro Xavier Alcalá "Televellos" no que fala da relación entre as entidades bancarias e os seus usuarios non preparados para manexaren dispositivos electrónicos en rede.

Accede aquí á publicación

televellos.jpg

Xa está aberto o prazo de presentación á XLII edición dos Premios Ingenieros de Telecomunicación que galardoan as mellores teses doutorais, traballos fin de máster e traxectorias académicas. En total, 13 categorías que abordan os aspectos máis relevantes do ámbito das Telecomunicacións, como o 5 G, as aplicacións espaciais, os sistemas de comunicación vía satélite, a seguridade e defensa, a tecnoloxía e saúde, e as novas tecnoloxías.

premios_cuadrado_w.png

Xa está aberto o prazo para matricularse a calquera dos cursos que darán comezo durante o mes de abril. Organizados polo Colexio, impartiránse en formato on line novas ediciones dos cursos sobre tecnoloxía 5G, PHP/Symfony e MariaDB e Hacking Ético.

Toda a información dos programas e inscrición dos cursos pódese consultar en: Información oferta formativa.

formacion.jpg

Na nova publicación na sección Mercados de La Voz de Galicia, Javier Fernández Fraga ponnos ao día da importante presencia dos profesionais enxeñeiros de telecomunicación no sector da construcción debido á importancia das instalacións de telecomunicacións en calquera edificio e achéganos ás bases do sistema de traballo BIM, acrónimo inglés de “Building Information Modeling”, que se podería traducir como modelado da información da construcción.

bim_jff.jpg
Distribuir contido