Noticias

 

Ante esta decisión o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación manifesta a súa preocupación ante as dificultades que terá a Administración para valorar os proxectos non verificados e os posibles retrasos na emisión de licenzas de edificación en España.

O Tribunal Supremo derogou a reserva de actividade dos Enxeñeiros de Telecomunicación e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación no que respecta aos proxectos de Infraestruturas Comúns de Telecomunicación (que estaban amparadas polo Real Decreto 346/2011) e anula a obrigatoriedade de verificación de proxectos de ICT.

O evento, organizado polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG), celebrouse o venres 26 de outubro, no Gran Hotel da Toxa (O Grove, Pontevedra) baixo o lema “Smart Cities, a tecnoloxía ao servizo dos cidadáns”.

A gala contou coa presenza de numerosas autoridades autonómicas, provinciais e locais entre as que destacan o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, o presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, e o alcalde de A Coruña, Carlos Negreira.

noite1.jpg

Este venres día 19 tivo lugar en Popular TV o debate moderado polo Secretario Xeral do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Ramón Mª Lois, no que participaron tres representantes dos partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia.

O contido deste debate estivo enfocado cara ás diferentes temáticas da área TIC con especial incidencia en Galicia, así, tratáronse temas relativos aos principais obxectivos e liñas estratéxicas de política autonómica en materia de Telecomunicacións e Sociedade da Información.

Pódese ver no seguinte enlace

colexio_oficial_enxeneiros_telecomunicacion_galicia.jpg

O pasado día 18 de outubro tivo lugar no programa Bos Días da TVG unha entrevista ó Decano-Presidente do Colexio Oficial e da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Ramón Bermúdez de Castro, co motivo da presentación da Guía práctica para a implantación do Edificio e o Fogar Dixital, elaborada pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Este documento-marco contén toda a información precisa en termos técnicos e económicos sobre a implantación do Edificio e o Fogar Dixital, e será o Manual de referencia en Galicia para o desenvolvemento das infraestruturas TIC necesarias para soportar o acceso aos novos servizos tecnolóxicos que posibilita a Sociedade da Información.

Pódese ver no seguinte enlace

O luns 15 de outubro tivo lugar na Cidade da Cultura a presentación da Guía práctica para a implantación do Edificio e o Fogar Dixital, elaborada pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Este documento-marco, que contén toda a información precisa en termos técnicos e económicos sobre a implantación do Edificio e o Fogar Dixital, será o Manual de referencia en Galicia para o desenvolvemento das infraestruturas TIC necesarias para soportar o acceso aos novos servizos tecnolóxicos que posibilita a Sociedade da Información.

miniatura-portada-libro.jpg

O mércores día 10 de outubro @s colexiad@s e asociad@s do COETG/AETG visitaron as instalacións da Escola Naval Militar de Marín, o Centro de Medidas Electromagnéticas (CEMEDEM) e o Centro Universitario da Defensa. Os asistentes tiveron a oportunidade de visitar o simulador de navegación, o planetario, o museo da escola naval, o pañol histórico, o CEMEDEM e a biblioteca académica e casino de alumnos.

007.jpg
Distribuir contido