Xuño 2006

Boletín da AETG-COETG  

EVENTOS

Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2006

Actividades Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.

* Manifesto
* A Sociedade da Información en Galicia: catro puntos de vista
* Convenio firmado con Industria sobre a extensión da banda ampla
* Touriño preside os actos centrais do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información


A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN EN GALICIA A DEBATE

*O Vicedecano-Vicepresidente do COETG-AETG, Miguel Merino; a Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Elena Veiguela; o Director da Escola de Telecomunicacións de Vigo, José María Pousada; e o Presidente de INEO, Jorge Cebreiros, participaron nun debate organizado polos xornais Faro de Vigo-La Opinión.

*Segundo os expertos, o futuro da Sociedade da Información e do sector TIC en Galicia é esperanzador, sempre que se aglutinen esforzos e se avance na educación da cidadanía.

Coincidindo coa celebración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información-Día de Internet en España, o pasado 17 de maio, o Vicedecano-Vicepresidente do COETG-AETG, Miguel Merino; a Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Elena Veiguela; o Director da Escola de Telecomunicacións de Vigo, José María Pousada; e o Presidente de INEO, Jorge Cebreiros, reuníronse ao redor dunha mesa para debater sobre o estado actual e o desenvolvemento da Sociedade da Información en Galicia. O debate estivo organizado polos xornais Faro de Vigo-La Opinión.

Os catro representantes sentaron posturas e coincidiron en debuxar un horizonte optimista para a Sociedade da Información e do Coñecemento na nosa comunidade, futuro que pasa por rendabilizar o uso e o consumo das novas tecnoloxías e de internet; por formar e educar as empresas e a sociedade no seu conxunto nas potencialidades e no correcto manexo desas novas tecnoloxías; e por unir forzas por parte de todas as entidades implicadas no desenvolvemento da Sociedade da Información (Administración, Universidade, asociacións empresariais, colexios profesionais…).

O proxecto proposto pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información de crear un clúster TIC, no que se invita a formar parte a todas as asociacións e empresas vinculadas co eido das novas tecnoloxías da comunicación, foi visto polos catro participantes na mesa de debate como a plataforma idónea para aglutinar forzas e dinamizar o sector ata convertelo nun referente no desenvolvemento social e económico de Galicia.

CATRO PUNTOS DE VISTA

MIGUEL MERINO, VICEDECANO-VICEPRESIDENTE COETG-AETG

Galicia ocupa os últimos postos de España no ranking do coñecemento e uso das novas tecnoloxías, ¿cómo melloraría esta situación?

Para Miguel Merino, o feito de que Galicia ocupe os últimos postos no ranking de coñecemento e uso de internet en España, débese a unha dobre causa: “as infraestructuras e chegar a todos os puntos fixados e a un problema cultural, de ter a formación suficiente para utilizala como mellor convén”.

Neste sentido, a Administración ten unha responsabilidade divulgativa esencial, “debe ser o motor que impulse as novas tecnoloxías.

 

Nese camiño, Merino é da opinión que Galicia aínda está a tempo de subir ao carro do progreso rápido, porque “dispoñemos do capital humano e da correcta formación universitaria, falta capital financieiro para promover novos negocios e iniciativa, vontade de promover entre as novas xeracións intereses distintos aos de aspirar a traballar na administración”. ¿Qué pode significar a creación dun clúster TIC en Galicia?

É positivo como elemento dinamizador do mercado. É interesante porque supón un modelo de mercado no que se xuntan vendedores e compradores que converxen nun dinamismo beneficioso para o noso sector”.



ELENA VEIGUELA, DIRECTORA XERAL DE PROMOCIÓN INDUSTRIAL E SOCIEDADE DA INFORMACIÓN, XUNTA DE GALICIA

Galicia ocupa os últimos postos de España no ranking do coñecemento e uso das novas tecnoloxías, ¿cómo melloraría esta situación?

O futuro das tecnoloxías da información depende das estratexias polas que se estea disposto a apostar e sacar adiante. O futuro é moi esperanzador, sempre que traballemos a reo e co apoio da sociedade civil. O lema “máis internet, máis galego, máis futuro” non pode ser máis acertado.

¿Qué pode significar a creación dun clúster TIC en Galicia?

Desde a Dirección Xeral propuxémolo porque nos parecía que era un elemento aglutinante e a primeira pedra para botar a andar todos xuntos cun obxectivo común”



JOSÉ MARÍA POUSADA, DIRECTOR ESCOLA TELECOMUNICACIÓNS VIGO

Galicia ocupa os últimos postos de España no ranking do coñecemento e uso das novas tecnoloxías, ¿cómo melloraría esta situación?

Independentemente do posto que ocupe Galicia en Internet, quero nomear dous aspectos que axuden a mellorar a profesión: máis información básica para os usuarios en distintos ámbitos e máis presenza dos profesionais das TIC na administración”.

¿Qué pode significar a creación dun clúster TIC en Galicia?

O clúster TIC funcionaría un pouco como a voz das TIC. Polo que respecta á Universidade, a Escola de Telecomunicacións vai servir de asentamento para a Plataforma Tecnolóxica de Telecomunicacións impulsada pola Xunta”.


JORGE A. CEBREIROS, PRESIDENTE DE INEO

Galicia ocupa os últimos postos de España no ranking do coñecemento e uso das novas tecnoloxías, ¿cómo melloraría esta situación?

Hai unha diferencia básica no uso de internet desde o punto de vista do cidadán e da empresa. Onde realmente se está a fallar é en transmitirlle á empresa os servizos que pode achegar desde internet”. Iniciativas coma ésta son moi positivas á hora de transmitirlle ao cidadán que estamos en movemento. Os obxectivos deben mirar a difundir e transmitir coñecemento, crear redes sociais de coñecemento e achegarnos ao usuario final. Neste sector movémonos no que se chama “anos de can” (un vale por sete) a cantidade de novas incorporacións tecnolóxicas é tan elevada que temos que ser quen de absorbela e transmitirlla a cidadáns e a outros sectores que non van a ese ritmo. Para min é moi ilusionante o futuro, sempre que manteñamos a dinámica de acción, acción, acción.

¿Qué pode significar a creación dun clúster TIC en Galicia?

O cluster proposto pola administración reúne todo o que nós poderiamos agardar: administración, centros tecnolóxicos, universidade, entidades profesionais e empresas do sector TIC”.




3