O director da revista A nosa rede, que edita o COETG-AETG, Xavier Alcalá Navarro, foi nomeado director da nova Oficina de Programas Internacionales de I+D da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. O enxeñeiro de Telecomunicación e doutor en Informática terá, con este novo cargo, a misión de apoiar proxectos de entidades externas que forman parte do Sistema Galego de I+D+i (Investigación, Desenvolvemento e Innovación) e de asesorar á Xunta na captación de fondos europeos que sirvan de dinamizadores da I+D galega.
Co seu ingreso no equipo da Dirección Xeral que encabeza Salustiano Mato, Innovación e Industria busca incrementar a implicación do Goberno da Xunta e a do tecido empresarial galego nos programas europeos de investigación.
A recén creada Oficina de Programas Internacionais de I+D terá a súa sede en Santiago, nas dependencias da Dirección Xeral de I+D+i; en Bruxelas, na sede da Fundación Galicia-Europa; e en Ferrol, que no futuro albergará a Agencia de Promoción Industrial.
|