Abril 2008

Boletín da AETG-COETG  

CURSOS E SEMINARIOS

Conclúe con éxito o curso sobre “Especialización en Administración de Redes e Servizos IP”

Un total de 34 alumnos participaron no curso sobre “Especialización en Administración de Redes e Servizos IP”, impartido de maneira gratuíta polo COETG, coa cofinanciación da Consellería de Innovación e Industria e da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información.


O obxectivo desta iniciativa foi ofrecer unha formación intensiva de carácter aplicado sobre a arquitectura e o funcionamento avanzado das redes e servizos de comunicacións baseados en IP, de xeito semellante ao que se empregan nas distintas organizacións e empresas. Así mesmo, o seminario tivo como finalidade fomentar o emprego de solucións de código aberto e, en especial, a administración de redes e servizos baseada en Linux.

onclúe con éxito o curso sobre “Especialización en Administración de Redes e Servizos IP”

O programa do curso, de 150 horas lectivas de formación teórica e práctica, artellouse en catro bloques: Conmutación LAN e routing IP, Servizos básicos de rede, Administración Avanzada de rede e VoiP. O cadro docente estivo integrado polos profesores doutores do Grupo de Enxeñería de Servizos de Redes do Departamento de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo, con ampla experiencia docente e investigadora no ámbito das redes e servizos de comunicacións.

Conclúe con éxito o curso sobre “Especialización en Administración de Redes e Servizos IP”


Finalizado o curso sobre “Cableado Estruturado”

Os 15 participantes no curso sobre “Cableado Estruturado” impartido polo COETG puideron coñecer máis pormenorizadamente as redes de cableado estruturado, que teñen unha presenza cada vez maior en todos os entornos. O programa formativo fixo especial fincapé na normativa existente e a tecnoloxía dos compoñentes empregados. Ademais, no apartado máis práctico, os alumnos deberon realizar un traballo de investigación sobre o deseño dun edificio real. O curso tivo lugar o pasado mes de xaneiro.

 

Formación en “Proxectos Técnicos de Instalación de Gap-Fillers e Certificacións Radioeléctricas”


No pasado mes de xaneiro celebrouse en Santiago de Compostela o curso “Proxectos técnicos de instalación de Gap-Fillers e Certificacións Radioeléctricas”. Unha iniciativa do COETG, na que participaron 12 alumnos, e que tivo como finalidade facilitarlles aos proxectistas a elaboración dun programa técnico para a posta en funcionamento dunha infraestrutura de difusión de servicio de televisión dixital terrestre de baixa potencia en rede de frecuencia única, o denominado “gap-filler”. As profesoras que impartiron o curso foron as enxeñeiras de telecomunicación, Mª Cruz Martínez Rodríguez e Natalia López Areal.



O COETG promove un curso sobre ICT’s


Trátase dunha nova acción formativa promovida e financiada polo COETG. O obxectivo deste curso de ICT's, impartido pola enxeñeira de telecomunicación, María Encarnación Baltar Carrillo, foi ofrecer os coñecementos precisos para acometer por vez primeira a realización dun proxecto de Infraestruturas Comúns de Telecomunicacións (ICT), ao tempo que se facilitou información sobre diversos fabricantes de dispositivos, para poder coñecer máis a fondo o alcance dun proxecto destas características.



Curso sobre “O Enxeñeiro de Telecomunicación ante a proba pericial”


Impartido en Santiago de Compostela o pasado 14 de marzo, contou coa asistencia de 10 alumnos. O obxectivo foi facilitarlle ao enxeñeiro de telecomunicación os coñecementos precisos para afrontar unha peritación xudicial. Os profesores encargados de impartir os contidos foron Álvaro García, abogado do COIT; Ana Araceli Muñoz Martín, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia nº10 de Vigo e Ismael Bataller Díaz, enxeñeiro de telecomunicación especializado en peritacións.



Conferencia sobre “O papel do enxeñeiro de telecomunicación na empresa”


O pasado 4 de abril, o vicedecano do COETG, Miguel Merino Gil, foi o encargado de pronunciar unha conferencia sobre “O papel do enxeñeiro de telecomunicación na empresa”, informando sobre as posibilidades laborais de futuro para o enxeñeiro de telecomunicación. Dirixida a alumnos de 5º curso de carreira, a conferencia, á que asistiron preto de 40 alumnos, tivo lugar na sala de xuntas da ETSET de Vigo.

Conferencia sobre “O papel do enxeñeiro de telecomunicación na empresa”

1