Abril 2008

Boletín da AETG-COETG  

CONVENIOS

Entrega de informes do convenio entre o COETG e a Consellería de Innovación e Industria para o seguimento e a estensión da Banda Larga en Galicia


Finalizado o Convenio para o ano 2007 fíxose entrega a Consellería no pasado mes de novembro dos traballos aos que a AETG/COETG se comprometeron derivados deste convenio, referidos a:

  1. Analizar o estado de implantación da banda larga nos polígonos industriais de Galicia e propoñer un proxecto tipo para as instalacións de telecomunicacións.

  2. Elaborar informes técnicos en materia da estensión da banda larga en zonas rurais e illadas, sobre o despregue da banda super-larga; e sobre aportacións do tecido de I+D e empresarial galego ás solucións de banda larga.

  3. Elaborar unha aplicación informática para tomar as medidas de calidade de acceso á banda larga.

  4. Colaborar coa Consellería nas tarefas de seguimento dos despregues de banda larga en Galicia.

  5. Difundir o estado do despregue de banda larga en Galicia e os seus avances.



Entrega de informes do convenio entre o COETG e a Consellería de Innovación e Industria para o seguimento e a estensión da Banda Larga en Galicia

O Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicacións mantén a colaboración con INEO para o desenvolvemento das TIC en Galicia

O COETG e a entidade asociativa sen ánimo de lucro INEO renovaron un acordo previo para avanzar no desenvolvemento da sociedade da información en Galicia e do sector das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).


Convenio do COETG con Barclays-Bank

Por medio deste acordo, Barclays ofrecélles en exclusividade a colexiados e asociados a súa oferta de produtos e servizos en condicións ventaxosas.

Convenio do COETG con Barclays-BankO COETG asinou un convenio con Barclays Bank, a través do cal a entidade financieira ofrece, con carácter de exclusividade, aos preto de 700 colexiados e a mais de 1.000 asociados que na actualidade integran o colectivo, unha ampla gama de produtos e servizos bancarios, dende préstamos persoais ata servizos de banca electrónica e on-line.

O acordo con Barclays Bank é operativo en todas as oficinas de Galicia, nas que os colexiados e asociados gozarán de asesoramento personalizado en todas as accións que pretendan acometer.

2