Abril 2008

Boletín da AETG-COETG  

EVENTOS

O COETG co deporte


O COETG e a AETG organizaron a finais do pasado mes de xaneiro unha xornada de Paintball na localidade pontevedresa de Caldas de Reis na que participaron 22 persoas. Pola mañá reuníronse os participantes nun campo de xogo sito na vila e unha vez rematado o mesmo compartiron un xantar nun restaurante próximo. Unha xornada de diversión e entretemento que reforza os lazos confraternizadores entre o colectivo de enxeñeiros de telecomunicación.

O COETG có deporte
Participantes na xornada de Paintball

O COETG acolleu a xornada “Herramientas de Business Intelligence (BI) en la empresa”

O acto, encadrado dentro do Programa Transfronterizo para a Consolidación de Redes de Cooperación entre empresas do sector TIC (TRANSTIC), tivo lugar na sede do COETG en Vigo.

A través de diversas conferencias e mesas de debate, o obxectivo desta iniciativa foi dar a coñecer os beneficios que aporta a aplicación das ferramentas de Business Intelligence (BI) na xestión empresarial das PEMES.


O decano do COETG asiste á entrega do premio de xornalismo Fernández Latorre

Nesta XLIX edición, o galardón correspondeulle á condesa de Fenosa, Carmela Arias.

O decano do COETG, Ramón Bermúdez de Castro Olavide, formou parte do grupo de convidados ao acto de entrega do Premio de Xornalismo Fernández Latorre, que convoca anualmente o xornal La Voz de Galicia. A entrega do premio, presidida polo editor do diario, Santiago Rey Fernández-Latorre, reuníu na sede central da publicación na Coruña unha importante representación da sociedade galega, encabezada polo presidente e vicepresidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana. Ademais, asistiron destacadas personalidades do eido da política, a empresa, a comunicación, a cultura e o deporte. A cerimonia, que servíu de marco para reinvindicar o xornalismo comprometido e de calidade, supuxo o colofón aos actos conmemorativos do 125 aniversario do xornal.

4