Abril 2008

Boletín da AETG-COETG  

EVENTOS (Cont.)

O COETG estivo presente no oitavo aniversario de R


A empresa de cable e comunicacións R celebrou os seus oito anos de vida cun acto que tivo lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago. Ao acto asistíu o Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e o presidente de R, Honorato López Isla, entre outras autoridades, personalidades e representantes do sector TIC de Galicia, entre os que se atopaban o xerente e o secretario do COETG.

O COETG estivo presente no oitavo aniversario de R

Participación do COETG no Foro “A I+D+i Galega: Ollando a Europa”


Participación do COETG no Foro “A I+D+i Galega: Ollando a Europa”O decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG), Ramón Bermúdez de Castro Olavide, acudíu ao encontro “A I+D+i galega: ollando a Europa”. Un foro organizado pola Oficina de Programas Internacionais de I+D+i (OPID) da Consellería de Innovación e Industria, que contou, entre outras destacadas personalidades, coa presenza do director xeral de Investigación da Comisión Europea, José Manuel Silva Rodríguez.

Preto de 200 axentes galegos de Investigación e Desenvolvemento tomaron parte neste foro co obxectivo de analizar as posibilidades de financiamento de proxectos galegos innovadores no marco da Unión Europea.


O COETG co desenvolvemento sostible

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia inscribíuse na Rede de Enerxía Sostible da Coruña.

O COETG, firme no seu compromiso de loita contra o cambio climático e a favor do desenvolvemento de iniciativas de eficiencia enerxética, asinou o pasado xoves 24 de abril a súa adhesión á Rede de Enerxía Sostible de A Coruña, nun acto protocolario que se celebrou no Paraninfo da Universidade da Coruña e ao que asistíu o xerente do COETG, Ricardo Fernández Fernández, en representación do Decano, Ramón Bermúdez de Castro Olavide, que foi o encargado de asinar o documento de adhesión á Rede de Enerxía Sostible de A Coruña.

A Rede de Enerxía Sostible de A Coruña establécese dentro do proxecto PRACTISE (Promoting Reproducible Actions in the Communities to Improve Sustainable Energy), enmarcado dentro do programa europeo “Enerxía Intelixente para Europa”.


O COETG participa na Fonsagrada no primeiro apagón analóxico de televisión en España

O municipio lucense convértese así no referente a nivel nacional, ao adiantarse en dous anos á data prevista polos plans estatais para o cambio de tecnoloxía.

O pasado 5 de abril, o COETG, representado polo xerente, Ricardo Fernández, e polo secretario xeral, Ramón María Lois, estivo presente no primeiro apagón analóxico de televisión de España, no concello lucense de A Fonsagrada, cunha importante representación. Un acto de especial relevancia que converte ao municipio en pioneiro na transición á Televisión Dixital Terrestre (TDT), dous anos antes do previsto nos plans estatais .

O acto estivo presidido polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, acompañado polo responsable da Secretaría Xeral de Comunicación do Goberno Autonómico, Fernando Salgado; así como polo alcalde do municipio, Argelio Queipo; e varios representantes do Ministerio de Industria.

Co apagón, a poboación da Fonsagrada despediuse definitivamente da televisión analóxica e, desde xa, disporá dun sinal dixital caracterizado por unha gran calidade de imaxe e son. A iniciativa constitúe un proxecto pioneiro que supuxo un auténtico desafío tecnolóxico e loxístico, ao permitir ademais un aforro no despegue da TDT en toda Galicia, xa que este plan piloto servirá como referente para o implante da televisión dixital no resto de concellos galegos.

A elección de A Fonsagrada para esta experiencia piloto debeuse á súa baixa densidade de poboación e á súa enorme dispersión: preto de 5.000 habitantes repartidos en máis de 200 núcleos de poboación que non chegan aos 50 habitantes. Pero ademais, influíron tamén de maneira determinante as súas dificultades orográficas. Todo isto, converteuna nunha iniciativa extrapolable ao resto do territorio galego.

Para a posta en marcha do proxecto que agora culmina, a Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta distribuíu entre os habitantes do municipio máis dun milleiro de decodificadores TDT para televisores con tecnoloxía analóxica.

5