Noticias

 

O vindeiro 7 de xullo ás 12.30h no GaiásTech en Santiago de Compostela, terá lugar a conferencia "Realidade estendida para a formación do futuro" que desde a AETG organizamos xunto coa Amtega, enmarcada no plan de accións de divulgación e promoción das Tecnoloxías da Información e Comunicación para este ano 2022.

Será impartida por Xoel Vázquez Dios que durante o relatorio afondará nas achegas das realidades estendidas no eido da educación e a formación. Amosará tamén diferentes casos de uso e tendencias sobre a tecnoloxía de realidade aumentada e virtual nas aulas e no ámbito privado da industria 4.0, sanidade e outros campos de aplicación práctica.

O acto é de carácter presencial coa posibilidade de seguilo vía streaming. As confirmacións de inscrición presencial realizaranse por rigorosa orde de chegada ata completar aforo.

Formulario de inscrición

Máis información e programa no seguinte enlace

Sobre o relator: Xoel Vázquez Dios é experto en realidade aumentada e virtual e creativo tecnolóxico con ampla experiencia implantando realidade estendida en empresas multinacionais. Cofundador de Xoia Extending Reality.

Invitacion conferencia REF_2022_web.jpg

Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente publicamos o 5 de xuño en La Voz de Galicia "Aforrar Telecomunicando", novo artigo do noso compañeiro Xavier Alcalá que se centra na relación tan estreita entre as redes de enerxía eléctrica e os dispositivos que conforman as redes telemáticas que hoxe se deseñan para minimizaren o consumo.

Accede aquí á publicación

aforrar telecomunicando.jpg

O pasado 18 de maio a candidatura ás eleccións do COIT encabezada por Marta Balenciaga Arrieta foi proclamada pola Mesa Electoral nova Xunta de Goberno do COIT tras analizar a documentación da única candidatura presentada aos comicios e de conformidade co establecido no artigo 56 do Regulamento Xeral de Réxime Interior.

O 30 de maio tomaron posesión dos seus respectivos cargos os novos integrandes entre os que figura Julio Sánchez Agrelo, decano do COETG, ocupando a segunda vogalía.

coit_1.jpg

O COETG colabora con Telefónica na difusión das xornadas de presentación dos resultados dos proxectos piloto 5G realizados en Madrid. Terán lugar un total de sete sesións distribuídas entre os días 14, 15 e 16 de xuño en formato on-line e presencial nas que se abordarán aspectos relacionados co impacto da tecnoloxía 5G como habilitadora tecnolóxica que cambiará o futuro das nosas vidas, implicando novas formas de traballar e de entender o noso día a día.

16-9_5g_generica.jpg

"Pasou unha vez máis o 17 de maio, Día Mundial das Telecomunicacións desde 1969", así comeza o artigo do noso compañeiro Xavier Alcalá publicado o 23 de maio na sección Opinión de La Voz de Galicia baixo o título 17 de maio e Pegasus.

Accede aquí á publicación

G28O8098.jpg

O venres 3 de xuño celebrouse o acto de graduación da VII promoción do Máster en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (MET) no que 25 estudantes da Escola de Vigo recibiron as súas respectivas bandas. Durante o evento estiveron acompañados por Rebeca P. Díaz Redondo, directora da Escola de Enx. de Telecomunicación; César Mariñas Dávila, secretario técnico COETG e xerente AETG; Gabriel Gómez Celaya, CEO Marine Instruments; Luis Pérez Freire, director xeral de Gradiant e Abel Caballero, alcalde de Vigo. De todos recibiron consellos e verbas de ánimo, de ilusión e de apoio.

IMG_4761 ok.jpg
Distribuir contido