Formación en liderado para #telecos, grazas ao acordo coa Universidad Intercontinental de la Empresa

firma convenio AETG UIE

Esta semana firmamos un convenio moi interesante para o noso colectivo, coa Universidad Intercontinental de la Empresa. Recolle un acordo a través do cal enxeñeiras e enxeñeiros de telecomunicación poden acceder a un catálogo formativo especializado e de calidade, orientado principalmente á formación en liderado, desenvolvemento de habilidades directivas, intelixencia emocional, comunicación e xestión de persoas. 

Ademais da formación en habilidades directivas, a entidade conta con estudos como o Executive MBA e o Advanced Program en Dirección de Ventas, entre outros, con descontos para o noso colectivo e bonificables a través de Fundae.

Para información específica das vantaxes para o colectivo, contacta connosco.

Catálogo: "De enxeñeiro/a a líder"