Coléxiate

Hai dúas formas de poder formar parte do Colexio:

COLEXIADO DE PLENO DEREITO

Segundo a normativa vixente os únicos títulos académicos que dan acceso á profesión de "Enxeñeiro de Telecomunicación" son o título de "Enxeñeiro de Telecomunicación" e o título de "Mestrado Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación" en cuxa memoria de verificación se indique explicitamente (de acordo co establecido na Orde CIN/355/2009, do 9 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro de Telecomunicación), que o dito Máster habilita para o exercicio da profesión de Enxeñeiro de Telecomunicación.

É importante indicar que exclusivamente os posuidores destes títulos académicos terán acceso ás atribucións profesionais que lle corresponden á profesión de enxeñeiro de Telecomunicación e polo tanto á colexiación.

Tamén poderán pertencer aquelas persoas que obtiveran o título fora do territorio español, sempre que este teña a debida homologación oficial ou ben o recoñecemento do título a efectos profesionais polos órganos ministeriais competentes. 

Únete a nós! Coléxiate agora

PRECOLEXIADO

Podes precolexiarte se estás matriculado no "Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación". Como precolexiado podes acceder a gran números de servizos, agás aos relativos ao traballo profesional, que están reservados a colexiados, sen ningún tipo de custo e durante un respecto máximo de 2 anos

Únete a nós! Precoléxiate agora