Oficina Concellos

A AETG pon á disposición dos concellos galegos un servizo de asesoramento sobre normativa e solucións técnicas para o despregamento de infraestruturas de telecomunicación.

sociedade da información
Privado
Público


Atención telefónica a concellos no teléfono 981913576

Consultas a través do correo electrónico oficinaconcellos@aetg.gal

Grazas ao acordo renovado anualmente coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica da Xunta de Galicia, a AETG pon á disposición dos concellos galegos un servizo de asesoramento sobre normativa e solucións técnicas para o despregue de infraestruturas de telecomunicación. Este servizo atende diariamente consultas das entidades locais vía telefónica ou a

través do correo específico, habilitado para dar resposta á demanda en materia de telecomunicacións á administración local.

Ademais da atención individualizada, a Oficina Concellos da AETG, realiza actividades encamiñadas á divulgación de contidos relevantes para a administración local en materia de telecomunicacións. Marco

legal, normativas, lexislación, casos prácticos, talleres de resolución de dúbidas e actualización de contidos.

Todos os contidos xerados están a disposición dos técnicos da Administración local, enxeñeiros de telecomunicación e profesionais interesados na materia.


Documentación elaborada pola Oficina Concellos

Xornadas de divulgación

Fogar Dixital

Outras guías de interese


Plans e proxectos sectoriais de Telecomunicacións. Ordenación do territorio de Galicia


Enlaces de interese


Axudas

  • AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL. RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común 2023-2027 en Galicia, e se anuncia a convocatoria para o ano 2024, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR711D). DOG 21 de febreiro de 2024


Normativa

O marco legal referente ao despregue de servizos e infraestruturas de telecomunicacións está a sufrir numerosas modificacións ao longo dos últimos anos. Estes cambios afectan a actividades importantes sobre as que exercen as súas competencias as Administracións locais, principalmente aquelas asociadas á planificación territorial ou urbanística do municipio. A Lei Xeral de Telecomunicacións 11/2022, de 28 de xuño, outorga carácter de infraestruturas básicas ás redes públicas de comunicacións electrónicas, constituíndo como obra de interese xeral, a súa instalación e despregue. Ademais dispón que os instrumentos de planificación urbanística deberán recoller as disposicións necesarias para impulsar ou facilitar o despregue de infraestruturas de redes de comunicacións electrónicas no seu ámbito territorial.

Normativa de Telecomunicacións

- Estatal

- Autonómica

- Sectorial

--Sobre emisións radioeléctricas
--Sobre infraestruturas de telecomunicacións nos edificios
--Sobre Televisión Dixital Terrestre
--Sobre o solo
--Sobre contaminación acústica

Enlaces varios