Normativa interna

Estatutos da AETG

Os presentes Estatutos da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia foron aprobados por unanimidade en Asemblea Xeral de Asociados celebrada o día 28 de novembro de de 2003 e visados e inscritos no Rexistro Central de Asociacións da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local da Xunta de Galicia, co nº 2004/007265-1 o 4 de maio de 2004. Estes estatutos serven como marco regulamentario da AETG.

Reglamento do COETG

Regulamento que establece as normas particulares de funcionamento da Demarcación Territorial do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación en Galicia e as atribucións e deberes dos colexiados.