Lanzamos nova web do COETG/AETG

Nova Web

Informamos do lanzamento da nova páxina web do COETG e da AETG. Con esta nova plataforma, introducimos melloras significativas para brindar ao noso colectivo un acceso máis fluído e seguro a recursos e contidos, especialmente aqueles de carácter exclusivo para colexiados/as e asociados/as. 

O acceso aos contidos exclusivos deberá realizarse trala actualización do contrasinal coa finalidade de garantir a seguridade da conta. Ao longo destes días os/as colexiados/as e asociados/as, recibirán un correo electrónico na conta rexistrada na base de datos, solicitando esta actualización. No caso de non recibilo, pódese contactar directamente a través do correo comunicacion@aetg.gal indicando nome e apelidos, DNI e correo electrónico actualizado.

Animamos a todos a aproveitar ao máximo esta actualización e explorar as novas funcións e recursos dispoñibles da nova web.