Acordo coa FEGAMP para dar pulo ás TIC en ámbitos municipais

imaxe da reunión coa FEGAMP

O pasado martes 26 de marzo representantes do COETG/AETG reuníronse co presidente da FEGAMP co obxectivo de formalizar un convenio que marque o inicio dunha serie de actividades de colaboración entre ambas entidades para o fomento das TIC no ámbito municipal de Galicia. 

Na xuntanza participaron, ademais do presidente da FEGAMP, Alberto Varela, a secretaria xeral, Patricia Vilán, e o coordinador xeral, Xosé Manuel Rodríguez. Por parte do COETG/AETG asistiron o decano/presidente, Julio Sánchez Agrelo e o director/xerente da AETG, César Mariñas.

Establecerase unha liña de traballo en común, mediante un convenio de colaboración que aborde entre outros temas, a celebración de actividades divulgativas e formativas en común. En breve concretaranse os primeiros pasos desta colaboración entre ambas organizacións.