Día Mundial das Telecomunicacións

O día 17 de maio celébrase o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información para conmemorar o 150 aniversario da fundación da Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) e da firma do primeiro Convenio Telegráfico Internacional en 1865.

Anualmente o Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia súmanse a esta conmemoración promovida pola UIT e celebrada por multitude de organismos a nivel internacional, coa finalidade de sensibilizar á comunidade global sobre as vantaxes que brinda a utilización de internet e as tecnoloxías da información e a comunicación á sociedade e á súa economía, así como nas formas de reducir a fenda dixital.

Ademais, na nosa comunidade, esta celebración coincide co Día das Letras Galegas, data dedicada á exaltación e promoción da nosa cultura e a nosa lingua dende 1963, coincidindo co centenario da publicación do libro “Cantares Gallegos“ de Rosalía de Castro.

Actos conmemorativos

2023: Xornada "Conectividade Global Efectiva"

2022: Xornada "Maiores e Dixitalización"

2021: Xornada "A Intelixencia Artificial ao Servizo da Lingua"

2020: Xornada "Desafío 2030 Conectar Galicia ao Mundo Rexido polos Datos"