Noticias

 

O decano/presidente do COETG_AETG Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Julio Sanchez Agrelo, asume a presidencia do Consello Galego de Enxeñerías.

20240312 prensa DEF.jpeg

Con motivo do cese de emisións de TDT en formato estándar desde o 14 de febreiro, o programa Galicia por Diante da Radio Galega, entrevistou ao director xerente do COETG e da AETG, César Mariñas, coa finalidade de informar aos usuarios do que supón este cambio e as solucións a adoptar nos fogares afectados, é dicir aqueles que reciben o sinal vía satélite.

Accede á entrevista a través do enlace (minuto: 00.46.30) https://agalegaaudio.gal/videos/detail/123033-galicia-por-diante-14-02-2024

galicia por diante.jpg

O vindeiro 1 de marzo terá lugar a Teleco Xuntanza 2024, encontro de confraternización de asociadas/os da AETG, que organizamos un ano máis en colaboración co COETG. Nesta ocasión, ademais do tradicional xantar de pé, teremos oportunidade de participar nunha cata de viños singular especial #telecos, a cargo da sumiller de Monky Wines, María del Mar Gutiérrez Marcos.

particulares.jpg

Con motivo da aprobación do Real Decreto 16/2023 por parte do Goberno, o próximo 14 de febreiro de 2024 cesarán as emisións de Televisión Dixital Terrestre (TDT) en definición estándar (SD), pasando a emitir unicamente en alta definición (HD) a partir desa data.

Este cambio non afecta a usuarios que reciben a TDT con antena normal e que dispoñen dun televisor co decodificador compatible integrado, ou externo no caso dos televisores máis antigos, cambiándose neste último caso por un decodificador compatible con HD cun prezo que rolda os 30 €. Pola contra, as persoas usuarias que non posúen cobertura TDT e reciben o sinal de televisión por satélite coa antena parabólica, perderán o sinal cos receptores actuais, se foron instalados con anterioridade a 2017, xa que non son compatibles co sinal HD e non teñen a posibilidade de seren actualizados. A solución pasaría por substituír estes equipos por outros compatibles, que só se poden adquirir a través de instaladores autorizados, cun custo aproximado de 500 €.

No seguinte enlace pódese consultar a listaxe de instaladores autorizados: http://www.sattdt.es/ConsultaInstaladores.aspx

logo sat tdt.png

O Consello Galego de Enxeñerías -CGES- xunto coa Ordem dos Engenheiros da Região Norte organizamos o Encontro sobre a Enerxía que terá lugar o martes día 6 de febreiro de 2024 no Círculo de Empresarios de Galicia, en Vigo.

Desde o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia como entidade coorganizadora, integrante do CGES, animamos ao colectivo a inscribirse no evento a través deste enlace que contén o programa e o formulario de alta, na modidade con desconto por ser colexiado/a do COETG.

Encontro sobre a Enerxía | Galicia e Norte de Portugal

IMAGEN_JPG - copia.jpeg

Hoxe ábrese o prazo para solicitar as axudas destinadas ás persoas traballadoras autónomas que se deron de alta no réxime especial de autónomos ou na mutualidade de colexio profesional desde o 30 de setembro de 2023 e ata o 29 de setembro de 2024, ambos inclusive.

Concederanse 2 liñas de axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo e mantemento da súa actividade laboral. A concesión das axudas se realizará pola comprobación da concorrencia na persoa solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario. A cuantía máxima posible será de 7.000 euros e o prazo de presentación estará aberto ata o 30 de setembro de 2024.

As bases completas da convocatoria pódense consultar en: DOG do 9 de xaneiro

dog.jpg
Distribuir contido