Órganos de Goberno AETG

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación regula o seu funcionamento a través dos seus diferentes órganos colexiados que obstentan as potestades do seu goberno e representación segundo queda recollido na súa normativa interna.

Xunta Directiva

Trala celebración da Xunta Xeral Extraordinaria para eleccións de membros da Xunta Directiva da AETG o 23/04/2021 e de conformidade co establecido nos Estatutos da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, procedeuse á investidura como candidatura lexitimamente elixida á Xunta Directiva da AETG, á encabezada por D. Julio José Sánchez Agrelo, o cal renovou a súa responsabilidade de dirixir a Xunta Directiva durante os vindeiros catro anos. O 08/03/2022 tralo cese do actual Secretario, e en cumprimento ao especificado nos Estatutos da AETG, realizouse unha reasignación dos cargos inicialmente investidos na composición da Xunta Directiva.

A Xunta Directiva da AETG queda integrada polos seguintes órganos persoais: 

Presidente: Julio José Sánchez Agrelo
Vicepresidenta: María Edita de Lorenzo Rodríguez
Secretario: Antonio Santiago Torres López
Vicesecretario: Ramón Rodríguez Enríquez
Tesoureiro: Fernando José Cendán Garrote
Contador: Juan Redondo López
Vogal: Luis Castedo Ribas
Vogal: Justo Rodal Pérez
Vogal: Francisco Javier Alcalá Navarro
Vogal: Sara María Rodríguez Paz
Vogal: María Pilar Villaverde Castro
Vogal: Francisco Javier Laíño Colinas
Vogal: José Miguel Gómez Apesteguía
Vogal: Manuel Pozo Fariñas
Reserva : José Manuel Ordóñez Suárez
Reserva: Ignacio Penedo Nieto

Xunta Xeral

A Xunta Xeral é o órgano supremo da Asociación e na que radica a súa soberanía. Está integrada por todos os socios numerarios e celebra reunións con carácter ordinario e extraordinario.

As sesións ordinarias teñen lugar polo menos unha vez ao ano co obxecto de aprobar principalmente a memoria de actividades, as contas do último ano e o orzamento anual de ingresos e gastos. As extraordinarias celébranse basicamente cada catro anos para a celebración de eleccións para a renovación de cargos da Xunta Directiva.