Orientación e Emprego

Desde esta sección queremos ofrecer un asesoramento e axuda personalizada co obxectivo de mellorar a inserción e promoción profesional, tanto se se está en busca dun primeiro emprego, dun novo ou reorientando a actividade profesional.

Orientación profesional. Asesoramento na elección dun campo profesional, apoiando o proceso de decisión, baseado no coñecemento do potencial de cada solicitante e das posibilidades reais do mundo laboral.

Emprego. Difusión de ofertas de emprego, información sobre direccións útiles de organismos relacionados co emprego e directorios de empresas, orientación en técnicas de procura de emprego.

Máis información deste servizo aquí